destacados

A Deputación de Pontevedra puxo en marcha un proxecto para o impulso da Rede de Sendeiros Azuis, que integra os carreiros que enlazan praias e portos con Bandeira Azul en nove municipios da provincia (Cangas, Bueu, Vigo, A Illa de Arousa, A Guarda, Nigrán, Baiona, Sanxenxo e Portonovo). Para iso a institución provincial dotou ao proxecto de 60.000 euros destinados a desenvolver un primeiro paquete de actuacións concretas de sinalización, mobiliario, mantemento e promoción.

Este é só o punto de partida, xa que a Deputación Provincial pretende concorrer de forma conxunta cos municipios adheridos a esta Rede para a captación de fondos europeos que permitan desenvolver a medio e longo prazo este proxecto. Segundo anunciou a Deputación, os Carreiros Azuis desempeñan unha función social importante, ao constituír excelentes lugares para o goce da natura?leza e, tamén, como elementos vertebradores para o desenvolvemento, saúde e benestar do conxunto da sociedade.

Actualmente, Galicia conta con 16 carreiros azuis, e oito deles están na provincia de Pontevedra (Ponte Caldelas está a tramitar a súa candidatura para optar a esta distinción en 2016). Son, en concreto, o Roteiro de Donón en Cangas do Morrazo, a Senda de ribeira e litoral Camiño á Beiramar de Vigo, a Ruta de Sendeirismo Cabo Udra en Bueu, a Senda Perimetral Bao-Xastelas na Illa de Arousa, a Senda Litoral da Guarda, o Carreiro Litoral Ecosistema Dunar Praia América?Panxón en Nigrán, o Carreiro Litoral de Baiona e o Carreiro Litoral Sanxenxo – Portonovo, que se sumou a esta Rede en 2015.

Xunto a estas rutas, no resto de Galicia existen outro oito Carreiros Azuis, catro na provincia da Coruña e catro na de Lugo. Os coruñeses son o Bordo litoral Ría de Ortigueira, o Carreiro da Praia da Laracha, a Senda Litoral de Arteixo e o Carreiro Litoral de Boiro; mentres que os lucenses son o Carreiro Azul Ruta do Litoral Burelense, o Carreiro Azul Praia Abrela – Punta Socastro do Vicedo, a Ruta do Faro de Illa Pancha ás Aceas en Ribadeo e o Paseo Ruta das Praias de Foz.

20 de Abril de 2016

Proxecto de revitalización da Rede de Sendeiros Azuis

A Deputación de Pontevedra puxo en marcha un proxecto para o impulso da Rede de Sendeiros Azuis, que integra os carreiros que enlazan praias e portos […]
20 de Abril de 2016

O Camiño dos Faros en 360 graos

A ruta que percorre a costa galega, desde Malpica até Fisterra, coñecida como O Camiño dos Faros está xa ao noso alcance a un golpe de […]
14 de Abril de 2016

O Clúster de Turismo de Galicia súmase ao proceso de implantación da FP Dual en Galicia

Responsables do CTG mantiveron un encontro con Educación para estudar a firma dun acordo marco para que os seus asociados participen desta modalidade de formación Co […]
12 de Abril de 2016

Novas distincións SICTED para Sanxenxo, que tamén fixo entrega dos seus propios premios de Calidade Turística

Un total de 43 empresas de Sanxenxo recibiron o seu distintivo SICTED, 17 delas por vez primeira, o que acredita a este concello pontevedrés como o […]