destacados

  • Esta tarxeta, para os cidadáns maiores de 65 anos, ofrece descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia.
  • As entidades interesadas en colaborar na iniciativa deben cumprimentar a solicitude que atoparán en https://clusterturismogalicia.com/gl/carne65/

 

O carné +65 é unha tarxeta persoal para persoas maiores de 65 anos que residan na comunidade autónoma de Galicia. Trátase dunha tarxeta expedida pola Xunta de Galicia, a través da súa Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Consellería de Política Social e Xuventude.

 

O carné +65 é totalmente gratuíto e entrará en funcionamento no 2024. As persoas beneficiarias non precisan facer nada para obtelo, a Administración encargarase de envialo de oficio por correo ao domicilio do usuario.

 

A través deste documento, os usuarios poderanse beneficiar de descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia. Coma requisito, deberán ser entidades que ofrezan bens ou servizos dirixidos a persoas maiores ou que teñan relación co devandito colectivo e que estean interesadas en ofrecer vantaxes e/ou descontos.

 

As empresas turísticas que desexen ofrecer ditos descontos ou vantaxes aos titulares do carné +65 poderán colaborar na iniciativa cumprimentando a solicitude que atoparán na seguinte ligazón,  indicando as condicións das vantaxes e/ou descontos que queren aplicar.

 

Para máis información, pódese contactar a través do teléfono 881 999 183 ou no correo electrónico carnemais65.maiores@xunta.gal

26 de Decembro de 2023

O Clúster Turismo de Galicia colabora coa Xunta de Galicia na posta en marcha do carné +65

Esta tarxeta, para os cidadáns maiores de 65 anos, ofrece descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia. As entidades interesadas en colaborar na […]
19 de Decembro de 2023

A Xunta e o Clúster pechan o proceso de consulta para elaborar a Estratexia Turística de Galicia 2024-2030 con 1.000 participantes

Un total de 400 axentes privados e públicos do sector participaron nas 20 mesas de traballo celebradas desde outubro e outros 600 o fixeron a través […]
24 de Outubro de 2023

Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo realizarán un diagnóstico participativo para coñecer a situación do sector en Galicia

Está previsto que o proceso comece esta semana coa consulta aos axentes do sector a través de mesas de traballo distribuídas por toda a xeografía galega. […]
24 de Outubro de 2023

Os establecementos de aloxamento e axencias de viaxe xa poden adherirse ao bono turístico #DescubreGaliciaenOutono

Os aloxamentos e axencias de viaxe poderanse dar de alta ata o 1 de decembro de 2023. Para sumarse á iniciativa, os establecementos turísticos deben estar […]