destacados

A Ruta do Viño Rías Baixas recibiu o Mérito á Accesibilidade no Enoturismo 2016, un recoñecemento incluído dentro dos III Premios de Enoturismo Rutas do Viño de España, convocado pola Asociación de Cidades do Viño (ACEVIN), e que destacou a este itinerario enoturístico entre as 115 candidaturas presentadas ás 13 categorías deste certame. Este galardón premia a posta en marcha do Taller de Memoria Sensorial para Invidentes desenvolvido o pasado ano en colaboración co ONCE dentro da programación especial do Día Europeo do Enoturismo 2015. Naquel taller participaron unha trintena de participantes con deficiencias visuais nunha cata de viños da Denominación de Orixe Rías Baixas dirixida polo catador Nacho Costoya.

Ademais, dous socios desta ruta, Pazo Baión e Quinta de San Amaro recibiron tamén recoñecementos nestes premios. Así, a adega Pazo Baión levouse o galardón ao Mellor Recuncho Enoturístico 2016, “pola singularidade da finca situada no corazón do Val do Salnés e cunha superficie de 30 hectáreas de viñedos que conta cun das paisaxes máis espectaculares do panorama vitivinícola mundial”, segundo destacou o fallo do xurado, mentres que Quinta San Amaro recibiu unha mención especial dentro da sección de Mellor Aloxamento Enoturístico 2016, “pola súa privilexiada localización nun mar de viñedos de uva albariño nas Rías Baixas, así como polas innovadoras e atractivas actividades ligadas ao viño que ofrece ao visitante para descubrir a esencia cultural e paisaxística da contorna”, determina o xurado.

A entrega, o 22 de novembro en Madrid

Os III Premios de Enoturismo Rutas do Viño de España bateron unha marca de participación, sendo 115 as candidaturas presentadas a este certame. As propostas foron valoradas, nunha primeira fase, polo público ?a través de votacións online- e, nunha segunda fase, por un xurado multidisciplinar.

A entrega dos premios e mencións especiais desenvolveranse o próximo 22 de novembro en Madrid. Esta cita contará coa participación de representantes dos Ministerios de Industria, Enerxía e Turismo, e de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

31 de Outubro de 2016

Premios de accesibilidade para a Ruta do Viño Rías Baixas

A Ruta do Viño Rías Baixas recibiu o Mérito á Accesibilidade no Enoturismo 2016, un recoñecemento incluído dentro dos III Premios de Enoturismo Rutas do Viño […]
31 de Outubro de 2016

Compostela acolle unha xornada centrada na potencialidade do golf para o sector turístico galego

A Asociación GALICIA DESTINO GOLF organiza o vindeiro venres, 4 de novembro, en Santiago de Compostela, unha xornada de carácter gratuíto e de 3 horas de […]
27 de Outubro de 2016

Un proxecto de comercialización impulsará a paquetización competitiva do enoturismo galego

O proxecto, denominado Emocións Enoturismo Galicia, está auspiciado polo Clúster Turismo de Galicia e executado por Proturga e Gallaecia A iniciativa de comercialización compleméntase coa posta […]
26 de Outubro de 2016

Aprender sobre negocios turísticos sustentables e eficientes

Profesionais do sector turístico asistiron en Foz a un seminario sobre a sustentabilidade e a eficiencia na xestión dos seus negocios enmarcada no programa de formación […]