destacados

  • Mostra a súa preocupación pola repercusión que declaracións sen fundamento científico poden ter na reputación da gastronomía ou o turismo galego.
  • Desde o sector lembran os estritos controis aos que están sometidos os produtos alimentarios en Galicia e os estándares autonómicos, nacionais e internacionais que acreditan a calidade dos areais.

 

O Clúster Turismo de Galicia apela á responsabilidade nas manifestacións sen contrastar sobre os efectos do vertido de pellets nos produtos do mar e nos areais galegos. O sector expresa a súa preocupación sobre a repercusión que as declaracións sen fundamento científico poden ter na reputación de sectores clave para Galicia como o pesqueiro ou o turístico e gastronómico. 

 

Por iso, o Clúster agarda a máxima prudencia e rigor nas manifestacións sobre as  repercusións deste incidente para evitar un dano reputacional no consumo dos nosos produtos do mar ou na elección das nosas costas como destino.  

 

Neste sentido, o Clúster lembra os estritos controis aos que están sometidos os produtos alimentarios en Galicia, antes da súa comercialización, e os estándares autonómicos, nacionais e internacionais que acreditan a calidade dos areais. A Comunidade analiza cada ano a calidade das augas a través de controis realizados polo Servizo Galego de Saúde, que na última análise cualificaba de excelentes o 92% das zonas de baño. Galicia  é a quinta Comunidade con máis praias acreditadas co distintivo nacional Q de calidade e conta con 123 areais con bandeira azul, un distintivo de carácter internacional baseado, que atende, entre outros, criterios á sustentabilidade.

 

O sector confía na capacidade das administracións públicas para a resolución deste incidente e apela á colaboración e á responsabilidade para defender os valores de Galicia como destino turístico sostible, seguro e en contacto coa natureza. Desde o Clúster agárdase que as declaracións que se fagan en torno ao incidente se cingan á defensa dos intereses de Galicia e que se evite un uso político do mesmo.

11 de Xaneiro de 2024

O Clúster Turismo de Galicia apela á responsabilidade nas manifestacións sobre as consecuencias dos pellets nos produtos do mar e nos areais

Mostra a súa preocupación pola repercusión que declaracións sen fundamento científico poden ter na reputación da gastronomía ou o turismo galego. Desde o sector lembran os […]
26 de Decembro de 2023

O Clúster Turismo de Galicia colabora coa Xunta de Galicia na posta en marcha do carné +65

Esta tarxeta, para os cidadáns maiores de 65 anos, ofrece descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia. As entidades interesadas en colaborar na […]
19 de Decembro de 2023

A Xunta e o Clúster pechan o proceso de consulta para elaborar a Estratexia Turística de Galicia 2024-2030 con 1.000 participantes

Un total de 400 axentes privados e públicos do sector participaron nas 20 mesas de traballo celebradas desde outubro e outros 600 o fixeron a través […]
24 de Outubro de 2023

Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo realizarán un diagnóstico participativo para coñecer a situación do sector en Galicia

Está previsto que o proceso comece esta semana coa consulta aos axentes do sector a través de mesas de traballo distribuídas por toda a xeografía galega. […]