destacados

A entidade que aglutina ao 95% do sector turístico galego protagonizou unha das presentacións da primeira xornada

Unha edición máis mantén a xestión do espazo de traballo da caseta de Galicia no Salón Internacional de Turismo que desde hoxe se celebra en Madrid
O Clúster Turismo de Galicia foi un dos protagonistas das presentacións que se desenvolveron no espazo de Galicia na primeira xornada de Fitur2020 que se desenvolve desde hoxe e até o domingo en Madrid. Baixo o título “Impulso ao sector turístico en 2019 e perspectivas de futuro”, o presidente da entidade que aglutina a máis de 70 asociados e máis de 7000 empresas do turismo galego, Cesáreo Pardal, foi o encargado de levar adiante a presentación dos retos que asume o Clúster para este 2020.

Neste sentido, Pardal destacou que o Clúster, como entidade vertebradora da oferta turística galega, seguirá traballando en 2020 “coa vista posta no excepcional ano 2021, no que celebraremos o Ano xacobeo, pero sobre todo con miras ao post-Xacobeo do ano 2022, para manter o impulso que nos permita unha mellor situación no noso sector turístico”, explicou Pardal, “para seguir crecendo en rendibilidade pero sempre con sentidiño, apostando por actuacións coherentes cos nosos obxectivos de traballo e, sobre todo, apostando por darlle continuidade ás sinerxías establecidas con todas as administracións públicas coas que temos que ir da man para darlle resposta a todos estes retos”.

Durante a súa intervención o presidente do CTG puxo sobre a mesa algunhas das accións que levará a cabo o Clúster nos próximos meses entre os que destacou a aposta pola internacionalización da oferta turística a través de misións comerciais en Dublín e Frankfurt, que se completarán coas habituais misións internacionais a Londres, Berlín e Rímini. Ademais, avanzou o interese do CTG en levar a cabo unha misión comercial exploratoria en Corea e outra en EEUU. “Igualmente, celebraranse workshops en mercados de proximidade e internacionais, e colaborarase con actividades culturais nestes territorios como parte da xeración de sinerxías entre cultura e turismo”, explicou Cesáreo Pardal, quen aproveitou a súa intervención para agradecer o premio Q de Calidade que recollerá mañá na Noite Q que celebra anualmente o ICTE.

2ª edición dos Premios Galicia de Turismo
O presidente do Clúster tamén aproveitou a súa participación en Fitur para facer un repaso das accións desenvolvidas pola entidade en 2019 destancando o que avanzou neste sete anos tanto o sector como a propia entidade, cumprindo fitos históricos e baixo as máximas de aglutinar un sector heteroxéneo e transversal; cooperar man a man coas diferentes administracións públicas; avanzar na necesaria regulación do sector e fixar retos comúns baixo os criterios da calidade, sustentabilidade e rendabilidad. Criterios estes últimos que seguirán marcando as accións do CTG en 2020. Finalmente, Cesáreo Pardal tamén destacou que en 2020 volverán celebrarse os Premios Galicia de Turismo que en 2019 tiveron a súa primeira edición.

Espazo de reunións
Ademais desta presentación o Clúster Turismo de Galicia mantén unha presenza moi activa na primeira cita profesional do ano a través da xestión do espazo de traballo co que, un ano máis, conta o sector galego para manter os seus encontros profesionais dentro da caseta de Galicia, anexo á zona de presentacións.

A través da xestión de axenda e das mesas de traballo, os profesionais do sector contan cun espazo xestionado polo CTG para manter os seus encontros durante os días dedicados ao sector profesional, entre o mércores e o venres, nunha área na que o CTG dispuxo 12 mesas de traballo así como dúas persoas para xestionar as reservas de espazo que permita sacar o máximo proveito ao espazo que Galicia ten nesta feira internacional.

Fitur, unha cita imprescindible para o sector

Unha edición máis o expositor de Galicia en Fitur exercerá como un escaparate do modelo turístico galego no marco da primeira cita internacional co sector turístico, unha feira que cumpre nesta edición o seu 40ª aniversario ampliando espazo expositivo. Na edición pasada, máis de 75 mil persoas pasaron pola caseta de Galicia, onde levaron a cabo máis de 300 encontros profesionais no espazo de traballo xestionado polo CTG, unha cifra que podería mesmo superarse nesta edición.

22 de Xaneiro de 2020

Workshops e misións internacionais centran o calendario de accións do Clúster Turismo de Galicia en 2020

A entidade que aglutina ao 95% do sector turístico galego protagonizou unha das presentacións da primeira xornada Unha edición máis mantén a xestión do espazo de […]
20 de Xaneiro de 2020

O Clúster de Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística durante a celebración de Fitur

O Clúster Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística concedido polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) durante a celebración de Fitur, […]
15 de Xaneiro de 2020

O Camiño Portugués pola Costa a exame a través do proxecto Facendo Camiño de Proturga

Facendo Camiño, proxecto para sensibilizar, pór en valor e analizar o Camiño de Santiago analiza un tramo deste itinerario, no marco do programa “O teu Xacobeo”, […]
14 de Xaneiro de 2020

O sector turístico do norte denuncia que se agrava ?a discriminación? ferroviaria nestes territorios

Por contra a rede aeroportuaria de Galicia conclúe con marca en número de viaxeiros, con subida nas terminais de Alvedro e Lavacolla As asociacións de hostalaría […]