destacados

Galicia duplicou os datos de viaxeiros e noites feitas con respecto ao mesmo mes do 2020 e rozou xa as cifras prepandemia

 

Tras os bos resultados cultivados durante o pasado verán, as cifras de viaxeiros e noites durante setembro non fixeron senón confirmar a fortaleza do sector turístico galego. Os datos recolleitos no seu último informe polo Instituto Nacional de Estatística reflicten que durante o mes pasado foron case medio millón (459.772 exactamente) os turistas que elixiron esta comunidade como destino para o seu tempo de lecer, o que supón un crecemento do 117 % con respecto a setembro do 2020, cando foran algo máis de 211.000 as persoas que gozaron de Galicia. Este incremento de viaxeiros tivo tamén unha consecuencia directa no aumento das noites feitas, que pasaron dun total de 418.692 en setembro do 2020 a 932.661, durante o mesmo mes deste ano, situando a alza nun 122 %.

 

Ademais, estas boas cifras rexistradas polo sector turístico galego durante o pasado mes volven situar nunha situación moi similar á que vivía na época previa á pandemia da covid. O número de viaxeiros durante o pasado setembro situouse nun 87 % do total rexistrado en setembro do 2019 e o de noites feitas alcanzou o 90 %, porcentaxes notablemente superiores á media do sector turístico español no seu conxunto, onde os viaxeiros e as noites feitas do pasado mes foron, respectivamente, un 25 % e uns 32 % inferiores ás de setembro do 2019.

 

A boa evolución do sector en Galicia déixase ver tamén na porcentaxe de ocupación hostaleira, posto que o 45,9 % rexistrado durante setembro deste ano no conxunto da comunidade supón case o dobre que o 23,4 % do mesmo mes do ano pasado e case iguala o 50,5 % prepandémico de setembro do 2019.

 

O último informe do INE inclúa tamén os datos de Fisterra, debido a que cun 70,34 % esa localidade da Costa da Morte e meta dunha das rutas do Camiño de Santiago situouse como un dos puntos turísticos do conxunto nacional con maior porcentaxe de ocupación durante o pasado setembro.

27 de Outubro de 2021

O sector turístico galego confirmou en setembro a súa fortaleza

Galicia duplicou os datos de viaxeiros e noites feitas con respecto ao mesmo mes do 2020 e rozou xa as cifras prepandemia   Tras os bos […]
21 de Outubro de 2021

Unha web propia de reservas e unha campaña promocional reforzarán a rede de albergues privados do Camiño

A asociación Agalber e a Xunta de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración para impulsar ambas iniciativas.   A Xunta e Agalber, a Asociación Galega […]
15 de Outubro de 2021

Elixe Galicia, premiado como mellor produto de turismo activo 2021 en Fitur

Nava Castro recolleu en Madrid o galardón outorgado á campaña organizada pola Xunta co apoio do Clúster.   A pandemia da covid atrasou a entrega dos […]
14 de Outubro de 2021

O Clúster promociona Galicia na feira internacional TTG de Rímini

Unha misión comercial encabezada por Cesáreo Pardal desprazouse ata Italia para participar na 58° edición deste encontro destinado a profesionais do sector turístico.   Representantes do […]