destacados

Once empresas asociadas ao Clúster participarán no apartado profesional da feira que se celebra en Valladolid do 18 ao 21 de novembro.

 

Intur, a Feira Internacional de Turismo de Interior, regresa tras o parón obrigado do ano pasado por mor da covid para celebrar a súa vixésimo cuarta edición e converter Valladolid por uns días no gran foco de atención para o sector turístico. Alí volverá estar o Clúster Turismo de Galicia xunto con Turismo de Galicia e varias empresas adheridas á entidade para mostrar os grandes atractivos desta terra e algúns dos produtos deseñados para promocionalos.

 

Os actos programados no recinto da Feira de Valladolid arrincan este xoves, día 18, coa xornada dedicada aos profesionais, Intur Negocios, na que estarán representados os sectores das axencias de viaxes, operadores turísticos, aloxamento, destinos, experiencias, MICE, enogastronomía, turismo de saúde e transporte, entre outros. Está prevista a participación de ao redor de 60 operadores turísticos e 200 empresas, que poderán dar a coñecer os seus produtos e propostas a compradores internacionais chegados desde Portugal, Alemaña, Bélxica, Italia, Reino Unido, Países Baixos, Arxentina, México, Corea do Sur, Rusia, Estados Unidos e Francia. Este último país terá un papel destacado posto que o departamento de La Vienne é o destino internacional convidado nesta nova edición de Intur. Once empresas asociadas ao Clúster tomarán parte na bolsa de contratación de Intur Negocios: Melia María Pita, Tryp Santiago e  Tryp Galeóns; Casa Rural Camino Real, Pazo de  Brandeso, Vio Viaxes, Alda Hotels, Comercial Navieira Nabia, Easy Galicia, Hotel Avenida, Hotel Praza, Art Nature e Casa de Labranza A Rega.

 

Do venres 19 ao domingo 21 celebrarase o apartado da feira aberto ao público xeral, que cun novo formato baixo a denominación de Intur Viaxeiros aglutina as actividades de divulgación, as presentacións e catas, e o resto das propostas que desenvolverán os expositores para dar a coñecer un milleiro de destinos diferentes. Tamén terá lugar durante esas xornadas o programa específico de Intur Rural, o espazo centrado no turismo rural no que estará presente Turismo de Galicia cunha caseta no que colabora como coexpositor o Clúster Turismo de Galicia.

 

O programa de actividades de Intur inclúe, así mesmo, a celebración do Campionato Nacional de Cociña e Repostería e o anuncio do galardón Capital Española da Gastronomía 2022, creado no 2021 para distinguir a contribución dunha cidade ou unha rexión á gastronomía como elemento dinamizador do destino turístico.

18 de Novembro de 2021

O turismo de interior galego traspasa fronteiras en Intur


Once empresas asociadas ao Clúster participarán no apartado profesional da feira que se celebra en Valladolid do 18 ao 21 de novembro.   Intur, a Feira […]
17 de Novembro de 2021

As Q de Calidade premian ao sector turístico galego

Galicia foi a comunidade con máis novos establecementos certificados no 2020.   A aposta pola calidade do sector turístico galego volveu ter recoñecemento oficial. 38 novos […]
16 de Novembro de 2021

As Rutas do Viño de Galicia lanzan unha campaña para promocionar a súa oferta a través das oficinas de turismo

O obxectivo é poñer en valor a ampla oferta de experiencias nas cinco rutas de enoturismo e fomentar a súa reserva entre o público visitante.   […]
14 de Novembro de 2021

Turismo de Galicia e Atrega promocionarán a chegada de grupos de visitantes durante o Xacobeo

O convenio entre as dúas entidades supoñerá un investimento de 600.000 euros para a creación e promoción de produtos específicos.   A incentivación da chegada de […]