destacados

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou na entrega de galardóns e diplomas da primeira promoción de Turislab.

 

O labor da Aceleradora de Proxectos Turísticos, Turislab, posta en marcha pola Xunta para impulsar propostas innovadoras no sector xa está a dar os seus primeiros froitos. Así se puido ver na entrega de premios e diplomas da primeira promoción celebrada o sábado día 11 coa participación do vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e do presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. Ambos destacaron a importancia desta iniciativa e felicitaron aos participantes e premiados polo traballo desenvolvido.

 

O primeiro galardón foi para un proxecto de cabanas sostibles denominado Suites  Natures e que xa comezou a materializarse coa construción dos primeiros aloxamentos na provincia de Pontevedra. O segundo premio foi para Ruta Nacional VI, unha proposta inspirada na Ruta 66 estadounidense que busca poñer en valor os atractivos da estrada que une A Coruña e Madrid a través do modelo do slow travel.  LuXperience levou o terceiro recoñecemento polo seu proxecto de experiencias de realidade mixta en torno ao patrimonio cultural de diversos espazos turísticos. Os integrantes do xurado tamén premiaron a Capptus Apps Turísticas, unha aplicación dirixida aos guías turísticos, como o proxecto que experimentou unha maior evolución durante o programa deste primeiro Acelerador.

 

A entrega de premios puxo o punto final á primeira edición dun programa que permitiu crear 36 postos de traballo repartidos entre os 10 proxectos seleccionados e captar 36 colaboradores. O acto de clausura permitiu aos dez emprendedores e emprendedoras participantes explicar os puntos fortes das súas iniciativas e expoñer as súas ideas evolucionadas tras o proceso de aceleración.

 

Os traballos desenvolvidos no marco de Turislab enmárcanse nas directrices do Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro desenvolvido pola Xunta, o Clúster Turismo de Galicia e as tres universidades galegas e contribuirán así mesmo a maximizar o potencial turístico da comunidade aproveitando o desenvolvemento do Xacobeo 21-22.

11 de Decembro de 2021

A Aceleradora de Proxectos Turísticos da Xunta premia catro proxectos innovadores

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou na entrega de galardóns e diplomas da primeira promoción de Turislab.   O labor da Aceleradora de Proxectos Turísticos, […]
10 de Decembro de 2021

Ampliados ata o 17 de decembro os prazos de dúas subvencións postcovid para a hostalería

Os establecementos beneficiarios dispoñen dunha semana máis para xustificar a execución dos seus proxectos de equipamentos e dixitalización.   Os responsables dos establecementos de hostalería que […]
07 de Decembro de 2021

A Xunta e Agetan colaboran para consolidar Galicia como destino de natureza e deporte

A Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, Aventura e Natureza deseñará novos produtos e activará un espazo propio de reservas.   A Xunta de Galicia, […]
03 de Decembro de 2021

Últimos días para gozar dos bonos turísticos do programa Quedamos en Galicia

O 15 de decembro acaba o prazo para trocar os descontos desta iniciativa organizada por Turismo de Galicia e o Clúster, e que en novembro permitiu […]