destacados

A posta de longo da campaña “Galicia, camiño da sustentabilidade” é a primeira actividade prevista no stand da Xunta tras o acto inaugural “Xacobeo 21-22. Camiña a Galicia”.

 

O stand de Galicia en Fitur, a feira internacional de turismo cuxa 42 edición se celebra do 19 ao 23 de xaneiro nas instalacións de Ifema, acollerá medio centenar de presentacións destinadas a dar a coñecer a extensa e variada oferta turística galega. Administracións e organismos públicos de ámbito local, comarcal, provincial e autonómico, entidades do mundo asociativo, empresas e outros colectivos diversos dispoñerán de espazo e tempo no stand máis de 1.000 metros cadrados preparado pola Xunta para realizar durante as tres primeiras xornadas da feira (as reservadas aos profesionais do sector) a posta de longo das iniciativas coas que promocionan os seus destinos.

 

Alí estará de novo o Clúster Turismo de Galicia, que será ademais o encargado de abrir as actividades programadas no espazo de Galicia tras o acto inaugural que se desenvolverá o mércores ao mediodía baixo o título de “Xacobeo 21-22. Camiña a Galicia”. A continuación (13.30 horas) o Clúster presentará a campaña “Galicia, camiño da sustentabilidade” e os produtos deseñados para consolidar á comunidade como un destino seguro e sostible.

 

Tras este acto e durante tres días sucederanse as presentacións organizadas polos departamentos de turismo de municipios como A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra, Lugo, Salvaterra, Tui, Vilanova de Arousa, Pontecesures, Catoira, Valga e A Estrada; e organismos como a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Vicepresidencia Primeira da Xunta, as deputacións de Ourense e A Coruña, o Inorde, Expourense, Portos de Galicia, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra e a Mancomunidade de Ordes.

 

Tamén reclamarán a atención das visitantes entidades como a Rede de Xuderías, a Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo da Provincia de Lugo, o Real Club Náutico de Sanxenxo, a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, o Celta de Vigo, Fegatur, Asnauga, Classic Surf Prol, Ruta do Viño Rías Baixas e Turexpo-Festur,  ademais da empresa  ElPulpo e os xeodestinos Ferrolterra, Barbanza-Arousa, Ancares-Terras de Burón, Manzaneda Trevinca, Ría de Vigo Rías Baixas, O Ribeiro-Carballiño, O Salnés, A Mariña Lucense, As Mariñas, Ría de Muros e Noia, Celanova Baixa Limia, Costa da Morte, Terras de Santiago, e Condado Paradanta.

17 de Xaneiro de 2022

O Clúster Turismo de Galicia abrirá as presentacións no espazo de Galicia en Fitur

A posta de longo da campaña “Galicia, camiño da sustentabilidade” é a primeira actividade prevista no stand da Xunta tras o acto inaugural “Xacobeo 21-22. Camiña […]
16 de Xaneiro de 2022

Galicia liderará este ano a recuperación da facturación do sector turístico nacional

A enquisa de perspectivas turísticas de Exceltur prevé que o turismo galego volva durante o 2022 ás cifras de negocio previas á pandemia.   A boa […]
15 de Xaneiro de 2022

Novas axudas por importe de 60 millóns de euros para a dixitalización de destinos e empresas turísticas e para a promoción internacional

Os fondos Next Generation financiarán as catro liñas de subvencións que acaba de lanzar o Ministerio de Turismo e que inclúen partidas específicas para os municipios […]
14 de Xaneiro de 2022

O Clúster de Turismo de Galicia propón a creación dun grupo de traballo para a revisión e actualización da normativa de vivendas de uso turístico

Unha vez máis, o Clúster entende que a colaboración público–privada é a vía adecuada para fortalecer unha oferta de aloxamento coherente coa aposta de Galicia por […]