destacados

O Xacobeo situou a Galicia na cabeza do ranking nacional de noites pasadas en albergues, o turismo rural duplicou o número de visitantes e os apartamentos turísticos e os cámpings rexistraron unha alza de máis do 60 %.

 

A boa evolución do sector turístico galego durante o 2021 deixouse ver tamén no ámbito dos aloxamentos extrahoteleiros, ao experimentar un notable incremento con respecto ao 2020 e rozar e nalgúns casos mesmo superar as cifras prepandemia. Así o reflicten os datos da enquisa de ocupación extrahoteleira que acaba de facer públicos o Instituto Nacional de Estatística e na que se analiza a evolución dos apartamentos turísticos, os cámpings, os establecementos de turismo rural e os albergues.

 

Tanto no caso dos apartamentos turísticos como no dos cámpings, o incremento do número de viaxeiros no 2021 con respecto ao 2020 supera o 60 %. Así, nos apartamentos, a cifra pasou de 89.485 a 143.291, mentres que no dos cámpings os 285.000 viaxeiros do ano pasado superaron tamén amplamente aos 173.000 do exercicio anterior. En ámbolos casos, as cifras do ano pasado superaron lixeiramente mesmo as do último exercicio previo á pandemia da covid, o 2019.

 

Aínda mellor foi a evolución do sector dos albergues que viron como a súa vinculación directa co Camiño de Santiago e a celebración da primeira anualidade do Xacobeo 21-22 os impulsaba ata un total de 478.000 viaxeiros e máis de medio millón de  noites pasadas, situando a Galicia á cabeza do ranking estatal para este tipo de aloxamentos durante o ano pasado.

 

En canto aos establecementos de turismo rural, a evolución durante o ano pasado foi tamén moi positiva, debido a que multiplicaron por dous o número de viaxeiros ao pasar de 77.000 no ano 2020 a 158.000 no 2021. Aínda que esa cifra total queda aínda por baixo dos 227.000 viaxeiros cos que pechara o 2019.

01 de Febreiro de 2022

O turismo extrahoteleiro galego experimentou un gran aumento de viaxeiros durante o 2021

O Xacobeo situou a Galicia na cabeza do ranking nacional de noites pasadas en albergues, o turismo rural duplicou o número de visitantes e os apartamentos […]
28 de Xaneiro de 2022

Impulso ao turismo galego a través do Plan Camiña e o Plan Xacobeo Next Generation

As dúas iniciativas suman un investimento de máis de 85 millóns de euros destinada a consolidar o sector durante este Ano Santo, segundo explicou o vicepresidente […]
26 de Xaneiro de 2022

O turismo hoteleiro creceu case un 90 % en Galicia no 2021

A cifra de visitantes e noites pasadas en decembro triplicouse con respecto ao mesmo mes do 2020.   Os primeiros resultados turísticos totais do 2021 viñeron […]
25 de Xaneiro de 2022

Visitar os parques naturais de Galicia terá premio

A campaña “7 días, 7 parques” incentivará o disfrute do patrimonio natural regalando 20 estancias de fin de semana.   O Parque Nacional Marítimo Terrestre das […]