destacados

Aqueles profesionais ou negocios que teñan unha velocidade inferior a 30 megas poderán beneficiarse de axudas de ata 20.000 euros para dotarse dese servizo.

 

Os problemas para acceder á banda larga ultrarrápida por parte dos establecementos e empresas turísticas e dos autónomos que exercen a súa actividade desde zonas rurais poden ter solución. A Xunta acaba de abrir a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) unha convocatoria de axudas para sufragar os gastos necesarios para dotarse dese servizo básico.

 

A convocatoria está dirixida a aqueles negocios e profesionais que non poidan contratar en condicións de mercado o acceso a Internet cunha velocidade superior a 30 megas de segundo, nin estean incluídos noutros plans en curso de despregamento de redes de banda ancha  ultrarrápida.

 

O obxectivo é dotar aos beneficiarios de conexións de polo menos 100 megas de velocidade por segundo, tanto de subida como de baixada, así como para garantir uns estándares de calidade que permitan a realización de comunicacións de voz e vídeo en tempo real, e asegurar que o 95 % das incidencias que se poidan producir e que provoquen o corte do servizo sexan resoltas en menos de 24 horas.

 

Esta convocatoria está dotada con case 880.000 euros e os proxectos seleccionados serán subvencionados ao 100 % ata un máximo de 20.000 euros e sempre que o seu custo sexa, polo menos, de 2.000 euros.

 

O prazo para presentar as ofertas abriuse este xoves 24 de marzo e concluirá o 9 de maio. As bases e os formularios xa están dispoñibles na sede electrónica da Xunta: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR604A&ano=2022&numpub=1&lang=gl

24 de Marzo de 2022

Nova convocatoria para que os autónomos e as empresas do rural accedan a Internet con banda larga ultrarrápida

Aqueles profesionais ou negocios que teñan unha velocidade inferior a 30 megas poderán beneficiarse de axudas de ata 20.000 euros para dotarse dese servizo.   Os […]
23 de Marzo de 2022

Máis dun centenar de proxectos turísticos optan a participar na segunda edición de Turislab

A aceleradora de startups da Xunta rexistrou un 40 % máis de candidaturas que o ano pasado.   A segunda edición da aceleradora de startups turísticas […]
22 de Marzo de 2022

Galicia promociona en París experiencias vinculadas ao Camiño de Santiago

O Clúster Turismo de Galicia xunto cunha decena de empresarios especializados neste ámbito participan no workshop organizado pola Axencia de Turismo para presentar o Xacobeo 21-22. […]
21 de Marzo de 2022

O turismo que aposta polas raíces: unha visión desde o territorio

Iniciativas diversas apostan por dar valor ao territorio creando unha oferta turística sostible e de riqueza local.     Dentro dos piares da Estratexia de Turismo […]