destacados

Concellos e empresas e servizos turísticos son os destinatarios da convocatoria para este 2022, que tamén poderá empregarse para solicitar o selo S de Sustentabilidade.

 

Os  concellos e as empresas e os servizos turísticos que se dispoñan a solicitar o selo Q de Calidade que concede o Instituto para a Calidade Turísticas Española (ICTE) ou teñan que proceder ao seu mantemento ou renovación poderán optar a unha nova liña de axudas para facer fronte aos custos do proceso. A convocatoria que acaba de lanzar a Axencia Turismo de Galicia a través do Diario Oficial de Galicia está dotada cun total de 170.000 euros e o prazo dun mes para presentar as solicitudes abriuse o mércores 11 de maio.

 

Tal como recolle a resolución publicada no DOG, as axudas están dirixidas tanto os concellos, ou ás súas entidades instrumentais que xestionen servizos públicos, como a aquelas persoas físicas ou xurídicas privadas que xestionen establecementos ou servizos turísticos e que estean inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta. No caso das empresas, as aspirantes teñen que estar encadradas na cualificación de pequenas e medianas empresas (pemes).

 

A maior parte da contía da convocatoria, 160.000 euros, irá destinado ao sector privado, mentres que os concellos repartiranse os 10.000 euros restantes. En ambos os casos, poderán subvencionar gastos como as auditorías externas de certificación, seguimento e renovación do selo de calidade iniciados a partir do 1 de xaneiro deste ano ou aqueles de o 2021 que foron aprazados e factúrense durante o presente exercicio, e a cota anual a abonar ao ICTE polo uso da marca.

 

A convocatoria tamén permitirá cubrir eses mesmos gastos para a S de Sustentabilidade, o novo selo lanzado este ano polo ICTE para certificar o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que en Galicia conta xa cunha decena de establecementos adheridos.

10 de Maio de 2022

Turismo de Galicia destina 170.000 euros a financiar o proceso de consecución e mantemento da Q de Calidade

Concellos e empresas e servizos turísticos son os destinatarios da convocatoria para este 2022, que tamén poderá empregarse para solicitar o selo S de Sustentabilidade.   […]
09 de Maio de 2022

O enoturismo volve brillar coas Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia

As cinco denominacións de orixe participan nesta iniciativa que incluirá visitas guiadas ás adegas e numerosas actividades paralelas, e que se iniciará a fin de semana […]
08 de Maio de 2022

Pontevedra aposta pola Enogastronomía para impulsar o desenvolvemento no rural

O Clúster participa a través da Mesa Provincial de Turismo no proxecto que impulsa a Deputación.   A enogastronomía é a base sobre a que se […]
06 de Maio de 2022

Comeza a repartición dos bonos #QuedamosEnGalicia22

A primeira tarxeta foi entregada en Outes polo vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda.   Os beneficiarios dos bonos turísticos #QuedamosEnGalicia22 impulsados pola Xunta para incentivar o […]