destacados

  • O Semáforo de Fisterra acolleu a semana pasada un acto de presentación no que participaron a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o vicepresidente do Clúster, Jesús Picallo

 

O Carné +65 segue a ampliar a súa rede de establecementos adheridos en toda Galicia. Xa son preto de 900 os negocios hoteleiros que ofrecen vantaxes e descontos ás persoas maiores de 65 anos grazas a esta iniciativa da Xunta de Galicia, que busca promover o benestar deste colectivo á vez que impulsa a actividade económica, incluíndo o ámbito turístico.

 

Durante o acto celebrado o 23 de xullo no hotel O Semáforo de Fisterra, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, fixo entrega do distintivo oficial ao establecemento, que ofrece un 10% de desconto aos titulares do carné. A esta adhesión súmanse tamén o hotel Faro de Lariño (Carnota) e o Banco Azul (Fisterra).

 

Na cita participou o vicepresidente do Clúster Turismo de Galicia, Jesús Picallo, recibindo os distintivos como xerente do establecemento, e mostrando o seu apoio ao programa. Picallo (titular el mesmo do Carné +65) subliñou o valor estratéxico desta ferramenta, que permite ás persoas maiores acceder a condicións vantaxosas en aloxamentos, axencias de viaxe, comercios, centros de benestar ou servizos de lecer, entre outros.

 

  • Unha iniciativa que beneficia ás persoas maiores e dinamiza o sector turístico

 

O programa, totalmente gratuíto, supera xa os 600.000 usuarios e prevé alcanzar os 1.000 establecementos adheridos antes de finalizar o ano. Os negocios interesados en sumarse a esta rede poden facelo a través da páxina oficial da iniciativa, na que tamén se pode consultar o seu funcionamento e os requisitos.

 

29 de Xullo de 2025

O Carné +65 continúa a medrar e xa conta con preto de 900 establecementos hoteleiros adheridos en Galicia

O Semáforo de Fisterra acolleu a semana pasada un acto de presentación no que participaron a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o […]
17 de Xullo de 2025

A aposta pola internacionalización do destino Galicia, a consolidación de diferentes produtos turísticos e o peche da Estratexia de Turismo 2030 centraron a actividade do Clúster en 2024

A Asemblea anual do Clúster Turismo de Galicia, celebrada o xoves 17 de xullo en Santiago, fixo balance das actuacións do pasado ano e informou das […]
14 de Xullo de 2025

O bono turístico de outono regresa cunha nova edición para dinamizar o sector fóra da tempada alta

As experiencias poderanse gozar entre o 15 de setembro e o 25 de decembro de 2025. As empresas poderanse adherir desde o 15 de xullo ata […]
14 de Xullo de 2025

O club de produto ‘Galicia Destino Sostible’ continúa a medrar con tres novas incorporacións e quince novas experiencias sostibles

O comité de avaliación aprobou o pasado venres, 11 de xullo, a incorporación de Casa Acuña, Hotel Spa Atlántico San Vicente do Mar e Hotel San Luis. 15 novas […]