destacados

A Feira de Valladolid acolle os próximos 23 e 24 de novembro unha nova edición da Feira Internacional de Turismo de Interior (INTUR), na que a oferta turística galega volverá estar presente en Intur Negocios a través das empresas galegas que se inscribiron para participar neste workshop.
Ademais, INTUR celebrará os días 23 e 24 de novembro a Conferencia Internacional de Sustentabilidade e Competitividade en Destinos Turísticos de Interior. Organizada pola Xunta de Castela e León o evento ten como obxectivos transmitir aos destinos de interior o estratéxico papel que a sustentabilidade vai desempeñar na consolidación dun posicionamento competitivo duradeiro e estable no futuro mercado turístico mundial á vez que se quere contribuír a establecer as bases dun modelo internacional de sustentabilidade nos destinos de interior e contribuír ao posicionamento de Castela e León neste ámbito do turismo sustentable.
A asistencia á conferencia é gratuíta dentro do marco de INTUR pero é necesaria a inscrición previa a través desta ligazón.

03 de Novembro de 2017

O sector turístico galego estará presente de novo en INTUR

A Feira de Valladolid acolle os próximos 23 e 24 de novembro unha nova edición da Feira Internacional de Turismo de Interior (INTUR), na que a […]
01 de Novembro de 2017

Claves para a captación do turista internacional e preparación de feiras internacionais

Profesionais do sector turístico participaron en Ourense e Santiago de Compostela en senllos seminarios sobre a comercialización internacional de produtos turísticos co obxectivo de preparar de […]
31 de Outubro de 2017

90 empresas turísticas reciben o selo Galicia Friendly que acredita as competencias adquiridas en inglés

A Cidade da Cultura acolleu o acto de entrega dos diplomas de aproveitamento da formación, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coas asociacións provinciais […]
26 de Outubro de 2017

Baiona acollerá en novembro a segunda edición de Ibernáutica orientada cara ao turismo sustentable

O Monte Real Club de Iates de Baiona, o Club Marítimo de Vigo e Asmar, co apoio da Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia […]