destacados

Unha edición máis volverá celebrarse a Bolsa Internacional de Contratación Turística para a que é necesario inscribirse

A 9ª edición de Turexpo Galicia, que terá lugar nas instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda), os días 6 ao 9 de xuño volverá contar coa participación dunha caseta do Clúster Turismo de Galicia. No marco da feira volverá ter lugar a Bolsa Internacional de Contratación Turística, cuxa finalidade é permitir ás entidades participantes contactar cun importante número de operadores de turismo nacionais e internacionais a través de reunións agendadas. Para participar nela é preciso inscribirse e o Clúster de Turismo de Galicia dispón dunha tarifa especial para os seus asociados de 120€+IVA. En caso de estar interesados en participar na devandita bolsa deberá enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, antes das 13:00 horas do mércores 15 de maio cumprimentando a folla de inscrición que pode descargarse aquí e acompándoa dos datos de facturación.

Tamén pode consultar aquí o avance de turoperadores que xa confirmaron a súa participación nesta bolsa de contratación.

10 de Maio de 2019

O Clúster Turismo de Galicia volverá estar presente en Turexpo

Unha edición máis volverá celebrarse a Bolsa Internacional de Contratación Turística para a que é necesario inscribirse A 9ª edición de Turexpo Galicia, que terá lugar […]
09 de Maio de 2019

Santiago acollerá un foro de debate sobre financiamento para empresas turísticas

Promovido polo Clúster Turismo de Galicia conxuntamente co Banco Sabadell, a xornada está orientada a resolver dúbidas, informar sobre financiamento e ofrecer asesoramento sobre casuísticas propias do […]
26 de Abril de 2019

Convocatoria do Concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia para asociados

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia convoca un concurso de ideas co obxectivo de seleccionar os 7 mellores proxectos e polos en marcha desde […]
25 de Abril de 2019

O sector turístico galego profunda nas vantaxes da geotermia como alternativa enerxética sostible

O incremento da conciencia verde nos viaxeiros e a procura dun menor impacto ambiental fai que o sector mire con maior interese este tipo de sistemas […]