destacados

Compostela acolleu a celebración do foro “STO, Santiago Turismo Ordenado”, un encontro dirixido ao sector turístico compostelán co obxectivo de dar os primeiros pasos para a revisión do seu plan estratéxico de turismo baixo a máxima de “repensar a relación entre o turismo e a cidade”. Neste sentido, o alcade de Compostela, Martiño Noriega, salientó que este encontro é un “punto de partida para renovar o Plan Estratéxico de Turismo, un proceso no que ten que haber escoitas activas cos representantes do sector”, unha materia que o rexedor considerou que o consistorio tiña como materia pendente.

Participación do sector
Co obxectivo de sentar as bases para unha actualización sustentable e consensuada do Plan Estratéxico de Turismo 2009-2015, o foro entende que é imprescindible a participación do conxunto dos sectores para diagnosticar os problemas e oportunidades da actividade turística en Santiago e para afrontar cuestións como os desafíos económicos, os custos dunha boa promoción, o papel da Administración local e a definición dun papel mais activo do sector.

Mesas de debate
O foro dividiuse en tres mesas de debate. A primeira delas, sobre turismo e sustentabilidade, analizou a capacidade de carga física dos destinos turísticos buscando a calidade; a segunda tratou a relación do turismo cos espazos urbanos; e a terceira abordou a relación entre as persoas que visitan Compostela e a veciñanza, co foco posto na capacidade de acollida dos propios destinos turísticos.

Consello Municipal de Turismo
Ademais, o concello tamén constituíu o Consello Municipal de Turismo, que levaba sen reunirse desde xullo de 2010, no que participaron os grupos políticos con representación no Pazo de Raxoi e os axentes estratéxicos do sector turístico como a Asociación Hostalaría Compostela, Universidade de Santiago, Turismo de Galicia, Guías Turísticos de Santiago, Asociación de Intermediación de Produtos Turísticos de Viaxes de Galicia (AGAVI), Compostela Monumental, Fundación Santiago Centro, Cidade da Cultura ou Unión de Consumidores de Galicia. Ademais designouse a Xosé Manuel Santos Solla, licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago e experto en xeografía do turismo para encabezala.

06 de Outubro de 2016

Compostela dá os primeiros pasos para revisar o seu plan estratéxico

Compostela acolleu a celebración do foro “STO, Santiago Turismo Ordenado”, un encontro dirixido ao sector turístico compostelán co obxectivo de dar os primeiros pasos para a […]
04 de Outubro de 2016

Máis de 200 profesionais participarán no novo programa de formación do Clúster Turismo de Galicia

O programa inclúe máis de 150 horas de formación orientada a profesionais do sector que se desenvolve en 9 cidades galegas A primeira das xornadas arrinca […]
03 de Outubro de 2016

A oferta náutica recreativa galega se dió cita na Feira Grand Pavois de Francia

O recinto feiral francés da Rochelle acolleu unha nova edición da feira especializada en turismo náutico Le Grand Pravois, na que o turismo náutico recreativo e […]
02 de Outubro de 2016

Máis de 30 países aproveitaron a formación impartida en Termatalia México que pechou as súas portas con grande éxito

O Clúster Turismo de Galicia participou con caseta propia, ademais de tomar parte en presentacións de produto e marca Galicia Tras tres días de intensa actividade […]