destacados

Esta é unha acción promocional enmarcada no convenio asinado entre a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol e Xunta de Galicia.

Representantes das federacións de Holanda, Bélxica, Austria e Alemaña, e tamén a federación europea de surf, participan ata o domingo nun fam trip en Ferrolterra, Eume e Ortegal co obxectivo de dar a coñecer este territorio, os seus servizos e recursos, como destino único para albergar adestramentos e competicións destas federacións. Durante estes tres días móstranselles aos participantes nesta iniciativa as características únicas deste territorio agrupado baixo a marca Costa das Ondas, principalmente aquelas praias menos coñecidas que fan da zona un destino único para as súas competicións e adestramentos, buscando a deslocalización do turismo de surf e contribuíndo, ao mesmo tempo, a combartir a estacionalidade.

Durante tres días mostróuselles aos participantes nesta iniciativa as características únicas deste territorio agrupado baixo a marca Costa das Ondas, principalmente daquelas praias menos coñecidas que fan da zona un destino único para as súas competicións e adestramentos, buscando a deslocalización do turismo de surf e contribuíndo, ao mesmo tempo, a combartir a estacionalidade.

Esta acción promocional para impulsar a marca Costa das Ondas como marca paraugas deste destino que abarca tanto os recursos naturais como todos os servizos profesionais de surf deste territorio, foi posible grazas ao convenio de colaboración entre a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol coa Xunta de Galicia, a través da Axencia de turismo de Galicia para a promoción do xeodestino Ferrolterra – Rías Altas. A través destas accións búscase poñer en valor tanto os recursos naturais únicos da costa de Ferrolterra e Ortegal para a práctica do surf, como do capital humano e empresarial instalado no territorio que pode garantir a prestación de todos os servizos requiridos por estas federacións para a celebración das súas actividades.

Neste sentido hai que destacar que na actualidade existe un sector profesional amplo do surf en Ferrolterra que abarca toda a cadea de servizos de surf que pode requirir unha federación nacional: monitores e surfeiros expertos, tendas de venda de material técnico, reparación e fabricación de táboas de surf, aloxamentos específicos para surfeiros e tamén surf friendly de alta calidade, expertos en organización de eventos, empresas xeradoras de contidos multimedia e de xestión de redes sociais, axencias de viaxe de recpetivo, e aluguer de vehículos, entre outras.

07 de Decembro de 2018

Federacións nacionais europeas de surf coñecen a Costa das Ondas como destino de adestramentos de alto nivel

Esta é unha acción promocional enmarcada no convenio asinado entre a Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol e Xunta de Galicia. Representantes das federacións de […]
04 de Decembro de 2018

O sector turístico galego agarda unha ponte de decembro con boas expectativas

O sector turístico galego móstrase cauto para esta ponte de decembro, marcado tradicionalmente polo turismo urbano e de proximidade, que é o que adoita elixir Galicia […]
28 de Novembro de 2018

Excelente acollida do primeiro workshop da Deputación de Pontevedra en Barcelona

Deputación e empresas mantiveron diferentes encontros con empresas e entidades para a promoción das súas empresas e a presentación do destino Rías Baixas O Hotel Grand […]
26 de Novembro de 2018

A experiencia do cliente sitúase como elemento clave e de futuro para o sector turístico

Dous relatorios e unha mesa redonda en torno ao cliente centraron a xornada de peche oficial do Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia A […]