destacados

  • O encontro serviu para consolidar a cooperación entre o sector público e privado no destino Rías Baixas

 

Representantes do Consello Executivo do Clúster de Turismo de Galicia mantiveron unha xuntanza coa Deputación de Pontevedra, encabezada polo novo deputado de Turismo, Jesús Vázquez Almuíña, e a directora de Turismo, Romina Fernández, co obxectivo de fortalecer as vías de colaboración e comunicación.

 

No encontro, celebrado no Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, participaron en representación do Clúster o seu presidente, Cesáreo Pardal, o secretario, César Clemente Sánchez-Ballesteros, o tesoureiro, Alfonso Martínez Cacheda, e os vogais Mar Rodríguez Meseguer, Lorena Varela de la Peña e Diego Otero Villaravid, todos eles vinculados profesionalmente ao tecido turístico da provincia de Pontevedra.

 

  • Rías Baixas como destino de referencia

 

Durante a reunión, ambas partes coincidiron na importancia de manter unha liña de traballo colaborativa para seguir potenciando o destino Rías Baixas a través dun modelo sustentable, competitivo e baseado na calidade da oferta.

 

O Clúster puxo en valor a colaboración mantida coa Deputación ao longo dos últimos anos, que permitiu desenvolver accións de promoción e formación conxunta, como ocorreu o pasado ano coa celebración da xornada e workshop “Networking Galicia: Turismo que une”, ou o anterior coa organización do evento “rIAs baixas: O camiño dos algoritmos”.

 

22 de Outubro de 2025

O Consello Executivo do Clúster reúnese coa Deputación de Pontevedra para analizar posibles sinerxías

O encontro serviu para consolidar a cooperación entre o sector público e privado no destino Rías Baixas   Representantes do Consello Executivo do Clúster de Turismo […]
07 de Outubro de 2025

O Clúster impulsa a participación empresarial en INTUR Negocios 2025

O encontro profesional celebrarase o 13 de novembro en Valladolid dentro da Feira Internacional de Turismo de Interior   O Clúster Turismo de Galicia (CTG) anima […]
07 de Outubro de 2025

Acluxega organiza a xornada “Eficiencia e Xeotermia no Sector Turístico” coa colaboración do Clúster

O encontro abordará como a eficiencia enerxética e a xeotermia poden impulsar a sustentabilidade do turismo galego   A Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) organiza […]
01 de Outubro de 2025

O Clúster de Turismo pon en marcha unha campaña para difundir a iniciativa ‘Galicia Destino Sostible’ entre a poboación galega

Ata o 29 de decembro, anuncios en televisión e cuñas de radio lembrarán aos galegos e galegas que este Club de Produto ofrece máis de 150 […]