As persoas que queiran participar como “Trade visitors” deben enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismodegalicia.com antes do mércores 21 de outubro ás 13:00 horas. cos seus datos (nome, apelidos, correo electrónico e teléfono de contacto). A inscrición, que ten un custo de 25 libras que será asumido polo Clúster, farase por orde cronolóxica de aplicación.
A entrada “Trade Visitor” permítelle asistir a máis de 50 sesións de conferencias en directo e baixo demanda; Cumbre de Ministros da OMT, WTTC e WTM; reunións informativas sobre destinos e roldas de prensa de todo o mundo; Conferencia de Marketing Forum (día completo); acceso a Virtual Travel Forward: unha conferencia sobre tecnoloxía de viaxes que inclúe máis de 30 sesións en directo e acceso á London Travel Week en liña (30 de outubro a 5 de novembro).
Ademais, pode ter acceso á ferramenta “Connect Me Meeting Platform”, que permite celebrar cinco reunións e ten un custo de 20 libras (que o Cluster non asume).