Turismo de Galicia anunciou a posta en marcha dunha nova oferta formativa para profesionais do sector turístico, enmarcada no Plan de Formación 2025, coa que se busca mellorar as competencias e favorecer a adaptación ás novas tendencias da industria.
A programación para este outono inclúe cursos de idiomas en modalidade teleformación, dispoñibles as 24 horas para realizalos ao ritmo de cada participante. O prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de setembro. A oferta abrangue:
Ademais, convócase un ciclo de cinco webinars centrados na transformación dixital e nos últimos avances da intelixencia artificial aplicada ao turismo, que ofrecerán unha visión práctica sobre as ferramentas que marcarán o futuro da xestión turística.
Dende a Dirección de Profesionalización de Turismo de Galicia destacan que esta iniciativa supón un novo paso para apoiar ao sector na súa actualización permanente, potenciando tanto as competencias lingüísticas como a capacidade de adaptación ás tecnoloxías emerxentes.
A programación completarase nas vindeiras semanas con novas accións formativas destinadas a reforzar o crecemento e a profesionalización da industria turística galega. Podes consultar todos os detalles no espazo profesional de Turismo de Galicia.