O Consello de la Xunta aprobou a reordenación destes territorios, que pasan de 14 a 26.

 

Galicia dispón xa dun novo mapa de xeodestinos. Unha década despois da aprobación da primeira delimitación destas área xeográficas, o Consello de la Xunta acaba de dar o visto e prace a unha nova división, que pretende profundar na posta de valor destes espazos “como polos de desenvolvemento turístico no ámbito local e como axentes coordinadores e executores dunha xestión holística de destino para todo o territorio que abarcan”. O novo mapa supón unha modificación substancial do anterior debido a que incorpora 12 destinos máis, o que propicia que o seu número total practicamente se duplique, ao pasar de 14 a 26.

 

Desde a Xunta explican que o mapa foi elaborado pola Axencia Turismo de Galicia en colaboración cos municipios e que definiu “áreas ou espazos xeográficos que  comparten unha homoxeneidade territorial baseada nos seus recursos turísticos naturais, patrimoniais e culturais, con capacidade para xerar fluxos turísticos e que, xunto coa súa poboación, conforman unha identidade turística diferenciada e singular que están en continua evolución”.

 

Tamén apuntan a que o mapa vixente ata o de agora permitiu dar un salto de calidade ao turismo de experiencias, especializado e de calidade contribuíndo a enriquecer a singularidade e a diferenciación de Galicia como multidestino.

 

Os 26 xeodestinos turísticos do novo mapa quedan configurados da seguinte maneira:

 

  1. Ferrolterra:

Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

 

  1. As Mariñas:

Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado dos Monxes.

 

  1. Costa da Morte:

Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

 

  1. Terras de Santiago:

Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Teo, Val do Dubra e Vedra.

 

  1. Terras da Comarca de Ordes:

Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

 

  1. Ulla – Tambre – Mandeo:

Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro e Vilasantar.

 

  1. Ría de Muros – Noia:

Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son

 

  1. Barbanza – Arousa:

Boiro, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira

 

  1. Mariña Lucense:

Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

 

  1. Terra Chá:

Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade.

 

  1. Comarca de Lugo – Terras da Ulloa:

Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade.

 

  1. Ancares – Terras de Burón:

Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Láncara, Meira, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Ribeira de Piquín e Sarria.

 

  1. Courel:

Folgoso do Courel, O Incio, Samos e Triacastela.

 

  1. Ribeira Sacra:

Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Chantada, Esgos, Manzaneda, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, A Pobra de Trives, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober, Taboada, A Teixeira e Xunqueira de Espadanedo

 

  1. Ribeiro – Carballiño:

Amoeiro, A Arnoia, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Coles, Cortegada, O Irixo, Leiro, Maside, Melón, Piñor, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cristovo de Cea, Toén e Vilamarín.

 

  1. Celanova – Terras do Xurés:

Bande, Barbadás, A Bola, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobeira, Lobios, A Merca, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

 

  1. Allariz – Maceda:

Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía.

 

  1. A Limia:

Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras e Xinzo de Limia.

 

  1. Verín – Monterrei:

Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín, Viana do Bolo, Vilardevós e Vilariño de Conso.

 

  1. Trevinca – Valdeorras:

O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rubiá, A Rúa, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

 

  1. Salnés:

Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.

 

  1. Mar de Santiago:

Catoira, Pontecesures, Valga e Vilanova de Arousa.

 

  1. Terras de Pontevedra – Morrazo:

Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, A Lama, Marín, Moaña, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas e Vilaboa.

 

  1. Ría de Vigo – Baixo Miño:

Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Soutomaior, Tomiño e Tui.

 

  1. Condado Paradanta:

Arbo, A Cañiza, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra do Miño.

 

  1. Deza – Tabeirós:

Agolada, Dozón, A Estrada, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

28 de Outubro de 2022

A Xunta oficializa o novo mapa de xeodestinos turísticos

O Consello de la Xunta aprobou a reordenación destes territorios, que pasan de 14 a 26.   Galicia dispón xa dun novo mapa de xeodestinos. Unha […]
27 de Outubro de 2022

Os beneficios da biomasa para o sector turístico centrarán unha xornada informativa o 3 de novembro

O Clúster Turismo de Galicia e o Clúster da Biomasa de Galicia organizan conxuntamente esta actividade que se desenvolverá en formato en liña.   A participación […]
26 de Outubro de 2022

O Clúster apoia desde Madrid o salón gastronómico Xantar

A Casa de Galicia da capital española acolleu unha presentación do programa da 23 edición da cita ourensá, que se celebrará do 9 ao 13 de […]
25 de Outubro de 2022

Medio centenar de empresas e unha trintena de produtos integran xa o Club Galicia Destino Sostible, que puxo en marcha o Clúster Turismo de Galicia no mes de xullo

O seu obxectivo é axudar ao sector a avanzar cara a un novo modelo turístico máis aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546
Página siguiente