Unha sondaxe realizada polo Clúster Turismo de Galicia apunta unhas boas previsións, que o sector espera incrementar coas reservas de última hora.

 

As maiores cifras de ocupación concéntrase entre o xoves 6 e o domingo 9 de abril, xornadas que nalgunhas zonas acadan porcentaxes do 100 %.

 

O perfil maioritario é o dun turista de orixe nacional ou de proximidade que viaxe en familia ou en parella.

 

Santiago de Compostela. 31 de marzo de 2023. Esta Semana Santa arranca con boas perspectivas para o sector turístico, que prevé un nivel de ocupación de entre o 65 % e o 80 % en función das zonas. Son estimacións cuantitativas dunha sondaxe realizada polo Clúster Turismo de Galicia e na que as diferentes fontes coinciden en que é bastante probable que esas cifras se incrementen coas reservas de última hora. Neste período vacacional é habitual que os viaxeiros agarden aos últimos días para organizar a súa viaxe, algo que segundo as fontes consultadas, agudizouse tras a pandemia.

 

A sondaxe sinala que o máximo nivel de ocupación rexistrarase entre as xornadas do xoves 6 e o domingo 9 de abril, nas que nalgunhas zonas prevén porcentaxes de ocupación do 100 %. En canto á procedencia do viaxeiro, en Galicia as reservas apuntan a un turista maioritariamente nacional e a un tipo de turismo familiar e en parella.

 

Pontevedra

Respecto á previsión por zonas, tanto para a provincia de Pontevedra como para a cidade de Vigo estímase que a ocupación media para toda a semana se sitúe en torno ao 70 %, esperándose entre o xoves e o domingo cifras mais elevadas. En Sanxenxo estanse a rexistrar ocupacións do 85 % para hoteis de tres e catro estrelas, cifra que baixa ao 65 % para o resto de establecementos. As reservas de última hora que se están a rexistrar na localidade apuntan a unha posible mellora dos datos nos próximos días.

 

A Coruña

Na cidade da Coruña agardan unha ocupación de entre o 80 e o 85 %, sendo a maior parte dos viaxeiros de orixe nacional e de proximidade. Pola súa banda, na Costa da Morte manexan unhas previsión de ocupación de entre o 40 % e o 60 % se ben nestas datas é habitual que as reservas se produzan a última hora e estean moi marcadas pola climatoloxía. Cómpre lembrar que nesta zona conflúen celebracións destacadas que atraerán a visitantes e turistas, como a Semana Santa de Fisterra, declarada de Interese Turístico Nacional, ou a recoñecida Mostra do Encaixe de Camariñas, así como outras festividades patronais. En Santiago de Compostela as porcentaxes de ocupación sitúanse no 61 % para o conxunto da cidade, unha porcentaxe que sube ata o 100 % nos establecementos situados no casco histórico. En todo caso, as fontes consultadas indican que é habitual que se produzan reservas no último momento, polo que se espera un aumento da ocupación prevista na capital galega nos próximos días. En Ferrol, onde a Semana Santa está declarada de Interese Turístico Internacional, moitos establecementos (tanto os  localizados na cidade como nas localidades próximas) colgan xa o cartel de completo entre o xoves e o domingo.  Para o resto da semana, rexístranse cifras entre o 65 % e o 75 %, se ben poden mellorar condicionadas pola climatoloxía.

 

Lugo e Ourense

Na Ribeira Sacra prevén superar o 80 % de ocupación durante os días festivos, se ben esta cifra descende ao considerar o resto da semana. Nesta área están a ter especial éxito os hoteis de 3 e 4 estrelas e os establecementos de turismo rural, que rexistran cifras de ocupación elevadas entre o xoves e o domingo. As fontes consultadas na provincia de Lugo tamén falan dun notable volume de reservas de última hora nesta Semana Santa 2023. As cifras varían lixeiramente dependendo da zona consultada: mentres que a cidade de Lugo alcanza o 70 % de ocupación, espérase que na Mariña Lucense sexa do 75 %. Pola súa banda, Ourense agarda unha ocupación do 80 % para este días: as boas conexións en AVE, a influencia do Camiño de Santiago e o interese polo turismo de interior favorecen estes datos.

31 de Marzo de 2023

O sector turístico galego prevé unha ocupación de entre o 65 % e o 80 % para esta Semana Santa

Unha sondaxe realizada polo Clúster Turismo de Galicia apunta unhas boas previsións, que o sector espera incrementar coas reservas de última hora.   As maiores cifras […]
29 de Marzo de 2023

Cesáreo Pardal reivindicou no Foro MICE o papel deste sector turístico para loitar contra a estacionalidade

O presidente do Clúster participou en Madrid nunha das mesas redondas do sexto Encontro Anual da entidade impulsada pola Organización Profesional de Congresos de España.   […]
29 de Marzo de 2023

Prego de condicións que rexerán o procedemento aberto na modalidade de acordo marco para a contratación dun servizo de “CONSULTORÍA QUE PERMITA Ás EMPRESAS DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA AFRONTAR A AUDITORIA PREVIA PARA A CONSECUCIÓN DE NOVAS CERTIFICACIÓNS, SEGUIMENTOS E RENOVACIÓNS DA S DE SUSTENTABILIDADE TURÍSTICA” coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia Turismo de Galicia.

Prazo aberto para a presentación de propostas ate o 13 de abril de 2023 Descarga os pregos
26 de Marzo de 2023

Galicia suma catro municipios máis á Rede de Destinos Turísticos Intelixentes

A adhesión de Carballeda de Valdeorras, Castrelo de Miño, Oímbra e Vilariño de Conso acaba de ser aprobada pola comisión executiva da entidade.   Case seis […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546
Página siguiente