A feira dedicada aos produtos ecolóxicos e o ecoturismo celebrarase do 3 ao 5 de marzo en EXPOCoruña.

 

O prazo de inscrición dos expositores estará aberto ata o 26 de febreiro.

 

O Clúster colabora de novo neste encontro no que o ecoturismo xogará un papel destacado.

 

A Coruña acollerá o próximo mes de marzo unha nova edición de BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos e ecoturismo que se celebra en seis cidades españolas de forma periódica (anualmente en Madrid e Barcelona, e cada dous anos en Sevilla, Bilbao, Valencia e A Coruña) reunindo a produtores, distribuidores, profesionais e consumidores para mostrar as últimas novidades.

 

No caso coruñés, a cuarta edición de BioCultura terá lugar nas instalacións de EXPOCoruña os días 3, 4 e 5 de marzo, e alí daranse cita máis de 200 expositores de ámbitos como a alimentación bio, o ecoturismo, a cosmética ecolóxica, a moda sostible, o fogar san, o benestar, os estilos de vida eco, a artesanía e as oenegués. Ademais, están previstas máis 150 actividades para completar a oferta que se poñerá ao alcance do público co obxectivo de superar a cifra de 14.000 visitantes.

 

A directora de eventos de EXPOCoruña, Pilar López Cordal, destacou a importancia crecente que o ecoturismo ten en BioCultura, sector que cualificou como “un dos máis destacados da edición deste ano” e resaltou tamén o apoio que a feira recibiu por parte das diversas institucións e entidades involucradas neste ámbito: “Deputación da Coruña, Consorcio de Turismo da Coruña, Clúster Turismo Galicia, Xunta, CRAEGA, Concello da Coruña, Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas… Todas estas institucións non tiveron dúbidas á hora de apoiar esta nova edición que pon o acento, de novo, no ecoturismo. Todas estas institucións participarán na feira, dando valor ás empresas e entidades do sector e mostrando a súa actividade turística e ambiental, ligada ao territorio como fonte de vida e economía de presente e futuro”.

12 de Febreiro de 2023

Conta atrás para a cuarta edición de BioCultura

A feira dedicada aos produtos ecolóxicos e o ecoturismo celebrarase do 3 ao 5 de marzo en EXPOCoruña.   O prazo de inscrición dos expositores estará aberto ata o […]
11 de Febreiro de 2023

As praias de Galicia optarán este ano a un total de 117 bandeiras azuis

Galicia suma dúas candidaturas máis con respecto ao ano pasado, cando logrou 112 insignias.   A carreira para a consecución das bandeiras azuis xa comezou, e […]
10 de Febreiro de 2023

Os hoteis galegos marcaron no 2022 o seu récord de viaxeiros e noites pasadas

Galicia e o País Vasco foron as dúas únicas comunidades nas que o total de noites de hotel do ano pasado superou as cifras do 2019. […]
09 de Febreiro de 2023

O Clúster iniciou en Dublín a súa campaña de internacionalización 2023 do Destino Galicia

Preto dunha decena de empresas galegas de receptivo participaron nun workshop con máis dunha trintena de emisores irlandeses para expoñer a variada oferta turística da nosa […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546
Página siguiente