• Os establecementos turísticos poderán adherirse a partir do mes de xullo, unha vez se publique a convocatoria oficial.

 

Galicia volverá contar este outono cunha nova edición dos bonos turísticos, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar as viaxes dentro da comunidade e dinamizar o sector fóra da tempada alta.

 

A nova convocatoria, prevista para o mes de xullo, poñerá en circulación máis de 16.000 bonos dirixidos a persoas maiores de idade residentes en Galicia. Cada bono, valorado en 150 euros, será financiado nun 40% pola Administración autonómica, mentres que o 60% restante deberá ser asumido polo solicitante. En total, cada persoa poderá adquirir ata dous bonos, o que lles permitirá gozar de ata 300 euros en estancias ou servizos turísticos entre setembro e decembro.

 

Os bonos estarán dispoñibles en formato QR a través da web www.bonoturismo.gal, unha vez se publique a convocatoria oficial. A adxudicación realizarase por orde de solicitude ata esgotar existencias, polo que se recomenda estar atento ás datas de apertura.

 

Tamén en xullo abrirase o prazo de adhesión para os establecementos turísticos galegos, como aloxamentos e axencias de viaxe, que queiran formar parte do programa. Para iso, deberán estar rexistrados no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT).

 

Desde a súa posta en marcha en 2020, os bonos turísticos contribuíron a mobilizar máis de 16,5 millóns de euros no sector, consolidándose como unha ferramenta efectiva para incentivar o turismo interno e combater a estacionalidade.

17 de Xuño de 2025

Volven os bonos turísticos para viaxar por Galicia este outono

Os establecementos turísticos poderán adherirse a partir do mes de xullo, unha vez se publique a convocatoria oficial.   Galicia volverá contar este outono cunha nova […]
17 de Xuño de 2025

Galicia e o norte de Portugal alíanse para crear un clúster turístico transfronteirizo

Galicia e o norte de Portugal traballan na creación dun novo clúster turístico conxunto que busca unir forzas na promoción da Eurorrexión como un destino único, […]
10 de Xuño de 2025

Webinar realizado con Renewing

Explicamos todos os detalles do acordo marco con ME Renewing, empresa especializada en mobilidade eléctrica dentro do grupo Mota-Engil. O 3 de xuño, o Clúster celebrou […]
10 de Xuño de 2025

Próximo Webinar: “Rexistro de viaxeiros e as súas implicacións para os aloxamentos e as axencias de viaxes”

Celebrarase este xoves, día 12, ás 12:00 h. O Clúster organiza unha sesión informativa sobre as obrigas derivadas da entrada en vigor do Real Decreto 933/2021, […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618
Página siguiente