• O evento reuniu a máis dun cento de representantes do ámbito educativo e empresarial para fortalecer a formación profesional en turismo, hostalería e industrias alimentarias.

 

O Centro Integrado de Formación Profesional Compostela acolleu a semana pasada un novo Encontro Sectorial do Plan Conecta FP Galicia, centrado nos sectores do turismo, a hostalería e as industrias alimentarias, coa participación de máis dun cento de persoas, entre representantes de empresas, equipos directivos e profesorado de centros formativos.

 

Durante a xornada, o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, subliñou a necesidade de prestixiar as profesións turísticas e mellorar a percepción que a sociedade ten do sector: “Queremos visibilizar o papel dos profesionais, reforzar a súa importancia na cadea de valor e recoñecer o impacto real que teñen na economía e no desenvolvemento do territorio”, sinalou.

 

Xunto a el, participaron na inauguración o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González, o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e a directora xeral de FP Galicia, Eugenia Pérez.

 

O encontro serviu para analizar como mellorar a conexión entre a formación profesional e as necesidades reais do mercado laboral, nun contexto onde a demanda de persoal cualificado é crecente. En total, existen 196 programas formativos, ciclos e máster de FP, impartidos en 58 centros educativos. Actualmente, máis de 5.200 estudantes cursan ensinos de FP vinculadas a estes sectores, e algúns ciclos alcanzan índices de inserción laboral superior ao 93%, incluíndo titulacións con pleno emprego como Vitivinicultura, Termalismo e Benestar, e Xestión de aloxamentos turísticos.

 

Ao longo da xornada, desenvolvéronse relatorios e mesas redondas sobre acreditación de competencias, o papel da FP Dual Intensiva e a colaboración entre centros educativos e empresas. Participaron representantes de firmas como o Parador Costa da Morte, O Corte Inglés, Grupo HOTUSA, Gran Hotel Talaso Sanxenxo ou Café Venecia, ademais de responsables de centros como o CIFP Compostela e o CIFP Carlos Oroza.

 

Estes encontros sectoriais enmárcanse nunha estratexia de escoita activa e colaboración directa co tecido produtivo, funcionando como espazos de consulta ao sector para detectar necesidades reais e emerxentes. A través da participación de empresas, centros educativos e axentes clave, búscase definir unha oferta formativa actualizada, útil e aliñada coas competencias que demanda o mercado laboral, garantindo así unha FP máis conectada co presente e futuro do turismo, a hostalería e a industria alimentaria en Galicia.

 

Desde o Clúster destacouse a importancia de seguir traballando xuntos para xerar talento, dignificar as traxectorias profesionais no sector e consolidar Galicia como un destino de calidade tamén desde o seu capital humano.

 

02 de Xuño de 2025

Cesáreo Pardal reivindica o valor das profesións turísticas no Encontro Sectorial do Plan Conecta FP Galicia

O evento reuniu a máis dun cento de representantes do ámbito educativo e empresarial para fortalecer a formación profesional en turismo, hostalería e industrias alimentarias.   […]
02 de Xuño de 2025

Galicia roza as 750.000 pernoitas hostaleiras en abril grazas ao impulso da Semana Santa

O sector hostaleiro galego mantivo un crecemento do 10,7%.   O sector hostaleiro galego viviu un mes de abril positivo, cun crecemento do 10,7% nas pernoitas […]
27 de Maio de 2025

Más de 160 axentes turísticos coñecen de primeira man a oferta galega nos workshops do Clúster Turismo de Galicia en Valencia e Oporto

26 empresas galegas, xunto a Turismo de Galicia, Galicia Destino Sostible e Turismo de Sanxenxo, participaron no evento.   O Clúster Turismo de Galicia reuniu a […]
27 de Maio de 2025

Clúster e ME Renewing organizan o webinar “Recarga para vehículos eléctricos. Unha oportunidade para o turismo galego”

A sesión en liña será o martes 3 de xuño ás 16:30 h e está aberta a todas as empresas turísticas interesadas en sumarse a esta […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602
Página siguiente