A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, presentouse o pasado 11 de xullo co apoio e financiamento da Xunta.

 

As primeiras empresas que se adhiran a Galicia Destino Sostible, poden optar a financiamento para a creación de novos produtos turísticos sostibles grazas a unha liña de axudas de máis de 300.000 euros.

 

O prazo de solicitudes estará aberto ata o próximo 30 de setembro e as peticións atenderanse por rigorosa orde de solicitude.

 

Outras seis empresas adheríronse ao Club de Produto Galicia Destino Sostible. O comité de avaliación do Club deu a pasada semana o visto e prace á incorporación destas novas entidades, entre aloxamentos, axencias e provedores de oferta turística complementaria que, en breve, publicarán as súas ofertas na web www.galiciadestinosostible.com.

 

As novas empresas adheridas son Ruteart, Praxxis inclusión cooperativa galega, Hotel O Semáforo de Fisterra, Camping Paisaxe II, MEGA Mundo Estrella Galicia e Tee Travel, que se suman ás trece xa integradas durante o mes de xullo: Rodeiramar ApartamentosSiente GaliciaAlbarariHotel Bela FisterraCasa de CacheiroClub Náutico de PortonovoHotel Bosque MarSIMPLY GALICIALORYGAR SL (A Quinta da Auga), Viajes Tambre, S.L.Ribeira Sacra Leisure & Lodging. Casa das XaciasAlecrin Actividades y aventura, e Atlantis Adventure Turismo Activo S.L. Polo menos outras 15 xa mostraron interese en incorporarse ao Club de Produto Turístico que ten como obxectivo actuar como un hub que integre toda a oferta turística sostible de Galicia.

 

O Clúster Turismo de Galicia presentou o pasado 11 de xullo esta iniciativa para impulsar o turismo sostible en Galicia e converter ao destino nun referente neste ámbito a nivel nacional e internacional. Galicia Destino Sostible conta co apoio e financiamento da Xunta, a través dun convenio asinado entre a Axencia Turismo de Galicia e o Clúster.

 

Ao novo club de produto pode adherirse calquera empresa galega pertencente aos subsectores categorizados como aloxamentos, restaurantes, axencias de viaxe e provedores de oferta turística complementaria que cumpran cos requisitos esixidos. As empresas que xa teñan algunha certificación oficial de sustentabilidade (S do ICTE, Biosphere, Green Key, EU Ecolabel, Green Globe21, Travellife, Rainforest Alliance Certified, Estrela Verde da Guía MICHELIN, etc.) ou unha certificación ambiental (ISO 14000, EMAS, etc.) poderán adherirse directamente ao club, pois estes son considerados requisitos habilitantes. As empresas que non teñan algunha destas certificacións poderán igualmente adherirse ao club a condición de que cumpran co 100 % dos requisitos obrigatorios e, polo menos, o 33 % dos considerados valorables.

 

A iniciativa ofrece unha liña de axudas ao sector turístico galego de 312.000 para incentivar ás empresas para crear novo produto turístico sostible. Estas axudas económicas serán outorgadas polo Clúster ás primeiras empresas en crear produto turístico en Galicia Destino Sostible, xa que as peticións atenderanse por rigorosa orde de solicitude e formalizaranse mediante a firma dun contrato de patrocinio.

 

Ademais do financiamento, outras das vantaxes de pertencer ao novo club de produto son a promoción, a formación ou o networking. Galicia Destino Sostible conectará a través da súa web (www.galiciadestinosostible.com) a turistas e empresas, facilitando o acceso a toda a oferta turística sostible de Galicia e actuando como aval ou garantía, non só de sustentabilidade, senón tamén de calidade.

10 de Agosto de 2022

O Club de Produto Galicia Destino Sostible conta xa con preto de 20 de empresas adheridas en menos dun mes

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, presentouse o pasado 11 de xullo co apoio e financiamento da Xunta.   As primeiras empresas que se […]
10 de Agosto de 2022

A Xunta e os guías de turismo de Galicia amplían a súa colaboración para mellorar o sector

Turismo de Galicia achegará este ano 50.000 euros para o deseño e comercialización de produtos turísticos.   O convenio asinado o ano pasado entre a Asociación […]
10 de Agosto de 2022

Adxudicación do servizo de “DESPRAZAMENTO E ALOXAMENTO DA MISIÓN COMERCIAL Á FEIRA INTERNACIONAL WTM LONDON 2022″

Adxudicatario: Embajador 1992 S.L. Importe de adxudicación: 31.671,35 €
09 de Agosto de 2022

Turismo de Galicia outorgará 21 bolsas para estudar no Centro Superior de Hostalería de Galicia

As axudas, de dous tipos, permitirán sufragar o 80 % ou o 50 % da matrícula no grao de Xestión de Empresas Hostaleiras.   O prazo […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602
Página siguiente