• Con elas promocionáronse as iniciativas ‘Galicia Destino Sostible’ e ‘Galicia Destino Familiar’

 

Ao longo de 2025, o Clúster Turismo de Galicia, co apoio da Xunta-Axencia Turismo de Galicia, desenvolveu tres campañas promocionais clave orientadas a consolidar Galicia como un destino familiar, sostible e de calidade. As accións, deseñadas para públicos e obxectivos diferenciados, combinaron creatividade, estratexia dixital e presenza en medios, logrando un notable impacto e resultados medibles.

 

  • “Galicia, tan de todos”, para promocionar o selo de calidade ‘Galicia Destino Familiar’

 

Baixo a marca ‘Galicia Destino Familiar’, a campaña “Galicia, tan de todos” apostou por un enfoque emocional para amosar Galicia coma un territorio acolledor e auténtico para gozar en familia.

 

Con pezas audiovisuais, unha landing específica, accións de paid media e un sorteo en redes sociais, a campaña de Google e Meta Ads alcanzou preto de 800.000 impresións e máis de 4.700 clics, ademais de xerar un crecemento significativo da comunidade dixital, con 238 novos seguidores e un aumento do compromiso do 286 %, reforzando a visibilidade do destino nun período clave para a desestacionalización.

 

  • “+ Galicia, + Sostible”, a campaña de sorteos de experiencias sostibles

 

A campaña “+ Galicia, + Sostible”, vinculada a ‘Galicia Destino Sostible’, desenvolveuse en dúas fases ao longo do ano (abril-marzo e outubro-novembro) co obxectivo de promover un modelo de turismo máis consciente e responsable.

 

A estratexia incluíu unha intensa activación dixital, colaboracións con creadoras de contido e unha ampla dinámica de sorteos. A campaña de Google e Meta Ads superou os 8,9 millóns de impresións e os 45.000 clics. Ademais, as redes sociais sumaron máis de 1.700 novos seguidores e multiplicaron o compromiso nun 453%, consolidando a GDS como unha marca con forte capacidade de conexión emocional.

 

  • Campaña de medios para ‘Galicia Destino Sostible’

 

Por último, o Clúster impulsou unha campaña en televisión e radio dirixida á poboación galega para reforzar o coñecemento de ‘Galicia Destino Sostible’ e fomentar o turismo interno e de proximidade.

 

A difusión na Televisión de Galicia e nas principais emisoras autonómicas de Galicia e Asturias garantiu unha elevada cobertura, cun alcance estimado de 38,8 millóns de persoas nos medios pagos, con preto de 39,5 millóns de impactos, fortalecendo o posicionamento da marca nun momento estratéxico para o sector.

 

17 de Decembro de 2025

O Clúster Turismo de Galicia reforzou a promoción do destino con tres campañas estratéxicas en 2025

Con elas promocionáronse as iniciativas ‘Galicia Destino Sostible’ e ‘Galicia Destino Familiar’   Ao longo de 2025, o Clúster Turismo de Galicia, co apoio da Xunta-Axencia […]
16 de Decembro de 2025

‘Galicia Destino Sostible’ pon en valor a accesibilidade e a sostibilidade no turismo activo en Sportur Galicia

A iniciativa ‘Galicia Destino Sostible’ (GDS), impulsada polo Clúster Turismo de Galicia e a Xunta-Axencia Turismo de Galicia, tivo presenza destacada no VI Congreso Internacional de […]
16 de Decembro de 2025

O sector turístico galego reforza a súa proxección en Latinoamérica nas Xornadas Directas de Turespaña en Colombia

Co apoio do Clúster Turismo de Galicia, as empresas Viajes Interrias, Galiwonders, Pilgrim e Pambretours participaron nas Xornadas Directas de Turespaña celebradas en Cartaxena de Indias, […]
16 de Decembro de 2025

Valdeorras renova a imaxe do súa Ruta do Viño como símbolo de identidade e proxección futura

O novo logotipo incorpora o imagotipo dunha cova, símbolo representativo da identidade de Valdeorras   A Ruta do Viño de Valdeorras presentou a súa nova identidade […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618
Página siguiente