• A Axencia de Turismo de Galicia ofrece axudas para a compra de bicicletas e patinetes eléctricos e a instalación de estacións de reparación e puntos de carga nas Rutas do Viño de Galicia, co obxectivo de promover a mobilidade sostible.

 

A finalidade das axudas é a concesión de axudas para establecementos turísticos de aloxamento e adegas situadas nos territorios das cinco Rutas do Viño de Galicia para a adquisición, instalación e posta en funcionamento de bicicletas e patinetes eléctricos, estacións de reparación e puntos de recarga, así como para a creación dun sistema de xestión destes vehículos eléctricos e a comunicación destas experiencias, promovendo as sinerxías entre os actores que as conforman así como fomentando a mellora da experiencia enogastronómica e a posta en valor dos produtos vitivinícola

 

Hai catro liñas de gasto subvencionables para cada proxecto:

 

  • Liña 1: Estacións de reparación e puntos de carga e restauración paisaxística.
  • Liña 2: Adquisición de vehículos eléctricos: bicicletas e patinetes eléctricos.
  • Liña 3: Creación e implantación do sistema de xestión de vehículos eléctricos.
  • Liña 4: Sinalética e información sobre experiencias creadas con vehículos eléctricos.

 

Podes consultar a orde que regula as axudas con máis detálle na seguinte ligazón.

Proceso de solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia introducindo o código do procedemento TU503K na barra de busca.  O prazo de solicitude é do 15 de febreiro de 2025 ao 16 de febreiro de 2026.

10 de Decembro de 2025

Axudas á mobilidade sostible nas Rutas do Viño de Galicia

A Axencia de Turismo de Galicia ofrece axudas para a compra de bicicletas e patinetes eléctricos e a instalación de estacións de reparación e puntos de […]
10 de Decembro de 2025

Barbanza Arousa aumenta a 69 o número de empresas e servizos co prestixioso selo SICTED

Ás 49 distincións xa existentes únense este ano 23 máis   O destino Barbanza Arousa uniuse a SICTED hai uns anos, un programa de calidade impulsado […]
10 de Decembro de 2025

O Clúster participa esta semana no 6º Congreso Internacional de Turismo e Deporte en Ourense

O programa reúne unha vintena de especialistas de España e Portugal que analizarán, os días 11 e 12 de decembro, as diferentes dimensións do turismo activo […]
10 de Decembro de 2025

Galicia acada 18 Soletes de Nadal de Repsol, o que eleva o seu total a 342

A guía gastronómica premiou máis de 300 Soles en toda España.   A gastronomía é un piar fundamental en Galicia, un gran motor do turismo, baseado […]
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614
Página siguiente