Tras o éxito cultivado na súa primeira edición en Ferrol, With Love Feira Creativos dá o salto e trasládase até A Coruña onde ExpoCoruña acollerá a segunda edición deste evento único en Galicia dedicada á cultura do feito a man. Do 6 ao 8 de maio o recinto feiral acollerá un gran número de casetas de exposición, venda e tallleres das mellores empresas dedicadas ao patchwork, scrapbooking, manualidades, cociña, pintura, papelería… non faltarán tampouco nin exhibicións de labores tan fermosos como as palilleiras nin demostracións gratuítas e exposicións. Haberá unha Zona Infantil con talleres continuos para os máis pequenos, zona expositiva e un escenario con diferentes mostras artísticas, concursos e diversas promocións durante a feira.

A entrada ao recinto é de 4 euros por xornada, con posibilidade de obter descontos por entradas en grupo e pola asistencia á feira o tres días.

27 de Abril de 2016

ExpoCoruña acolle a única feira en Galicia dedicada ás manualidades e o DIY

Tras o éxito cultivado na súa primeira edición en Ferrol, With Love Feira Creativos dá o salto e trasládase até A Coruña onde ExpoCoruña acollerá a […]
21 de Abril de 2016

Galicia promociónase en Frankfurt como destino para o turismo de congresos e incentivos

No marco da Feira IMEX participaron representantes do sector MICE galego como Palexco, ExpoCoruña e Vigo Convention Bureau Unha representación do sector MICE galego deuse cita […]
05 de Abril de 2016

Galicia Destino Golf estará de novo presente no certame Madrid Golf Experience

Da man de Turismo de Galicia e por segundo ano consecutivo a Asociación Galicia Destino Golf levará a oferta galega especializada deste tipo de turismo deportivo […]
05 de Abril de 2016

A Feira do Viño do Ribeiro presenta cartel e actividades

A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano terá lugar entre o 29 de abril e o 1 de maio, deu a coñecer tanto o seu […]