Co obxectivo de ofrecer un produto turístico especializado orientado a un nicho de mercado como poden ser os peregrinos “premium”, Balnearios de Galicia lanzou un novo proxecto, Camiño de Santiago Termal, que foi presentado oficialmente na pasada edición de Termatalia México nun acto que contou coa participación de numerosas axencias de viaxes tanto nacionais como estranxeiras dunha quincena de paises de Europa e América.

Promovido pola Asociación de Balnearios de Galicia co apoio do Clúster de Turismo de Galicia, a iniciativa conta coa participación de 14 balnearios de toda Galicia que ofrecen aloxamento e tratamentos termais vinculando o termalismo co Camiño de Santiago, dous dos produtos turísticos galegos con máis proxección internacional. O programa “Camiño de Santiago Termal” pon en valor o poder regenerador do Termalismo para facer que os peregrinos poidan recuperar forzas e consentir o seu corpo tras as extenuantes xornadas a pé, cabalo ou bicicleta.

Na presentación do programa “Camiño de Santiago Termal” participaron o presidente do Clúster da auga Mineral e Termal de Galicia e de Balnearios de Galicia, Antonio Garaloces; o xerente de ambas as entidades, Benigno Amor; o secretario do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal; o xerente da maiorista de viaxes galega Luamar, José Luís López, e representante da Confederación Española de Axencias de Viaxes; o coordinador da Asociación Mexicana de Axencias de Viaxes, José Pedro Morais, e o director de Termatalia, Alejandro Rubín.

En toda América Latina e en especial en México, existe un gran coñecemento sobre o Camiño, de aí o interese en realizar a presentación desta iniciativa no marco da celebración da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, xa que se trata dun evento de carácter profesional no que se poden atopar o tipo de visitantes que busca este programa: peregrinos “premium” que conjuguen a experiencia do Camiño cun merecido descanso nun centro termal.

01 de Novembro de 2016

Camiño de Santiago Termal, unha iniciativa de Balnearios de Galicia orientada ao descanso do peregrino

Co obxectivo de ofrecer un produto turístico especializado orientado a un nicho de mercado como poden ser os peregrinos “premium”, Balnearios de Galicia lanzou un novo […]
17 de Outubro de 2016

Empresarios galegos acoden á feira internacional TTG Incontri de Rímini

Unha delegación de empresarios turísticos galegos, moitos deles membros da Asociación de Hostalaría Compostela, partiparon na Feira Internacional B2B de Turismo TTG Incontri, celebrada a pasada […]
10 de Outubro de 2016

ExpoCoruña acollerá o I Salón Ecolóxico de Galicia

Ecoloxía, medio ambiente, sustentabilidade, enerxías renovables, bioconstrucción, ideas eco-innovadoras, artesanía, música, pasarela de moda, … todo isto é Ecogalia, o I Salón Ecolóxico de Galicia, que […]
03 de Outubro de 2016

A oferta náutica recreativa galega se dió cita na Feira Grand Pavois de Francia

O recinto feiral francés da Rochelle acolleu unha nova edición da feira especializada en turismo náutico Le Grand Pravois, na que o turismo náutico recreativo e […]