O CTG concliu a súa cuarta misión comercial en Alemaña con medio centenar de encontros profesionais celebrados

O Clúster Turismo de Galicia, da man do seu secretario, Cesáreo Pardal, participou nunha mesa de debate sobre situación actual e políticas de regulación das vivendas de uso turístico no marco das conferencias celebradas na Feira Internacional de Turismo ITB Berlin 2018. A participación activa do Clúster veu propiciada pola invitación da Federación Española de Asociacións de Vivendas Turísticas (FEVITUR) que querían dar a coñecer interacionalmente o caso galego como exemplo de regulación exitosa das vivendas de uso turístico. Neste sentido, o seu presidente, Tolo Gamila, felicitou a Galicia pola posta en marcha dun decreto exemplar no que á regulación deste tipo de aloxamentos. “O de Galicia foi un caso de éxito posto que conseguiron desenvolver e pór en marcha un decreto de fácil cumprimento, que mete a estes aloxamentos no sector turístico e que é altamente beneficioso tanto para os usuarios como para os propietarios destas vivendas”, explicou Gamila. Ademais do secretario do CTG e do presidente de Fevitur, a mesa estivo participada por dous representantes de senllas plataformas de aluguer deste tipo de vivendas, HomeAway e Novasol e contou coa presenza de profesionais do sector e membros da European Holyday Home Association (EHHA), da que Fevitur forma parte. A EHHA agrupa actualmente a 4 millóns de aloxamentos desta tipoloxía que supoñen máis de 20 millóns de camas en todo o mundo, xerando un volume de negocio ao redor dos 600 billóns de euros anuais.
Durante a súa participación, o secretario do Clúster destacou que o decreto supuxo o alta de máis de 5.500 vivendas en Galicia no nove primeiros meses de funcionamento e que a normativa foi froito dun intenso traballo de diálogo e cooperación público-privada para lograr establecer bases comúns coas que poder traballar. E é que, tal e como reclamaban varios dos participantes na mesa, un dos principais problemas co que se enfronta España é a falta dunha normativa única para a regulación deste tipo de aloxamentos, xa que nin sequera está claramente definida que é unha vivenda de uso turístico.
Un marco normativo único
A esta circunstancia únese que as competencias en turismo están traspasadas ás autonomías, o que deu orixe a diferentes regulacións con máis ou menos restricións, o que orixina malestar entre os propietarios e confusión entre os usuarios. ?España necesita amigos, seguridade e atopar novos clientes, sobre todo tendo en conta a recuperación que están viviendos os países do norte de África e Turquía?, aseguraba o representante de Novasol, unha plataforma de aluguer internacional de vivendas de uso turístico, que destacaba que están dispostos a pagar impostos, pero España debe aclarar o mercado e acabar coa incerteza. ?A mensaxe que lanzan moitas administracións e medios de comunicación é que este é un sector que non quere pagar impostos, que non ofrece aloxamentos de calidade e que xera problemas entre os veciños, e iso non é verdade, non estamos en contra de ninguén e somos os primeiros que queremos establecer un marco regulatorio claro?, afirmaba José Antonio Bonache, por parte de HomeAway.
A participación de Galicia neste foro serviu tamén para destacar a necesidade de que todas as partes implicadas estean presentes na posta en marcha deste tipo de normativas, imprescindibles para garantir unha oferta de aloxamentos segura e de calidade, algo no que está a traballar Fevitur a nivel nacional, partidarios da regulación e non da restrición deste tipo de aloxamentos.
Balance da ITB Berlin
Coa participación na mesa redonda de Fevitur, o Clúster Turismo de Galicia pon punto e final á cuarta misión comercial á ITB Berlin, na que tomaron parte preto dunha trintena de profesionais de máis dunha veitena de empresas turísticas galegas. Ao longo destas xornadas desenvolvéronse preto de medio centenar de encontros con turoperadores do mercado xermano pertencentes a unha gran variedade de segmentos: turismo activo, enogastronomía, viaxes só para mulleres, slow travel ou xardíns, por citar algúns. Ademais do Camiño de Santiago, que segue sendo un elemento tractor da oferta internacional galega, os profesionais alemáns demandaron novas rutas e novos produtos, que ofrezan programas completos para coñecer o destino Galicia.

12 de Marzo de 2018

Galicia foi posta como exemplo de regulación exitosa das vivendas de uso turístico nun foro celebrado na ITB Berlin

O CTG concliu a súa cuarta misión comercial en Alemaña con medio centenar de encontros profesionais celebrados O Clúster Turismo de Galicia, da man do seu […]
07 de Marzo de 2018

Unha vintena de empresarios galegos participan ata o venres na cuarta misión comercial á ITB Berlin

A delegación promovida polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia desprázase a unha das feiras profesionais máis importantes para o […]
28 de Febreiro de 2018

Termatalia Brasil 2018 atrasa unha semana a súa cita en Foz de Iguaçu e celebrarase do 12 ao 14 de setembro

Termatalia Brasil 2018 celebrarase entre o 12 e o 14 de setembro no Centro de Convencións Mestra do Hotel Recanto Cataratas de Foz do Iguaçu baixo […]
21 de Febreiro de 2018

ExpoCoruña acollerá en marzo BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos por excelencia do estado español

Do 2 ao 4 de marzo a maior feira de produtos ecolóxicos de España, Biocultura, chega a Galicia, en concreto a ExpoCoruña onde se reunirán 200 […]