O turismo galego estará presente na Feira Internacional de Turismo Reyno de Navarra, que se celebra en Pamplona do 25 ao 27 de febreiro.

 

Dúas semanas faltan para o arranque da próxima cita de referencia no calendario de certames turísticos. Os representantes do sector daranse cita do 25 ao 27 de febreiro en Pamplona para participar na próxima edición, a décimo sexta, de Navartur, a Feira Internacional de Turismo Reyno de Navarra. Galicia acudirá a esta feira cunha representación encabezada pola Axencia Turismo de Galicia e da que formarán parte diversas empresas.

 

O turismo de proximidade coa natureza, a cultura, a gastronomía e a sustentabilidade como grandes atractivos e a seguridade como un aliciente engadido son a base dun certame que, segundo explican os seus organizadores, está pensado para descubrir os paraísos próximos e contribuír a que o 2022 se converta no ano de consolidación do turismo de interior: “Navartur pon o acento nos destinos nacionais e na media distancia, destinos europeos, porque os desprazamentos de longo radio seguen aínda moi limitados, especialmente cara a Asia. E no mercado nacional os destinos punteiros volverán ser os do norte, a chamada España Verde, e os de interior, sen esquecernos das costas e illas, que este ano vivirán un repunte importante de viaxeiros”, sinalan os seus responsables.

 

Unha das principais citas do programa de actividades que se desenvolverá no Palacio de Congresos Baluarte é o encontro B2B Navartur Meetings que reunirá durante a xornada inaugural do 25 de febreiro a público profesional, axencias de viaxes especializadas e expositores do sector do turismo enogastronómico. A participación neste encontro é gratuíta e xa está aberta a través da ligazón  https://www.navartur.es/b2b-navartur-meetings.

 

Navartur está dirixida a oficinas de turismo nacionais e internacionais e entes de promoción turística en destino, axencias de viaxes, operadores turísticos, empresas de transporte, hospedaxe, cámping e  caravaning, turismo rural, turismo de aventura, turismo gastronómico e enoturismo.

10 de Febreiro de 2022

Navartur, próximo punto de encontro para o sector turístico

O turismo galego estará presente na Feira Internacional de Turismo Reyno de Navarra, que se celebra en Pamplona do 25 ao 27 de febreiro.   Dúas […]
21 de Xaneiro de 2022

Un Fitur por riba das expectativas e a celebración do Xacobeo 2022 auguran un ano de recuperación do turismo

Desde o Clúster de Turismo de Galicia valórase moi positivamente o desenvolvemento de Fitur, así como o elevado número encontros que se produciu no espazo de […]
21 de Xaneiro de 2022

Fegatur convida a gozar da sinfonía de abrazos que ofrecen os establecementos de turismo rural

Os responsables da Federación Galega de Turismo Rural presentaron en Fitur a súa nova campaña promocional.   A Federación Galega de Turismo Rural, Fegatur, presentou no […]
20 de Xaneiro de 2022

O Clúster de Turismo fai un balance positivo do 2021 e agradece o esforzo das administracións na mobilización de axudas

A entidade presidida por Cesáreo Pardal aposta pola sustentabilidade para atraer a un turismo de alto valor engadido.   Unha edición máis, o Clúster xestiona un […]