As citas internacionais case duplican ás nacionais, con caseta propia en sete delas

A oferta turística galega estará presente a través da Axencia de Turismo de Galicia nun total de 38 grandes citas sectoriais ao longo de 2018, algunhas das cales xa se desenvolveron con Fitur ou Xantar. En total serán 13 as feiras nacionais e 25 as internacionais nas que participe Turismo de Galicia achegando os produtos turísticos e a oferta turística multiexperiencial de Galicia, baseada nun turismo slow e de calidade. Este calendario de eventos, que pode consultarse en en canle profesional da web www.turismo.gal está, con todo, suxeito a posibles cambios, polo que é aconsellable visitar a web para comprobar os posibles cambios que se poidan producir.

A Axencia de Turismo de Galicia ofrece a posibilidade ás empresas e entidades públicas de enviar material promocional da súa oferta turística a algún certame para que se distribúa desde o espazo galego, para o que deberán facelo antes da data límite indicada para cada feira, na dirección: Almacéns de Turismo de Galicia. Estrada Santiago-Noia, km.3. 15897 Santiago de Compostela. O material será remitido pórtela pagos, en sobres ou paquetes manexables e separados por cada certame, indicando no exterior o nome da feira ao que vai destinado e datos do remitente.

Nas feiras internacionais, Turismo de Galicia participará dentro da caseta de España, polo que se dispón dun espazo máis reducido excepto en EXPOCATÓLICA (Sâo Paulo), SACROEXPO (Kielce), SOUTHAMPTON BOAT SHOW (Reino Unido), GRAND PAVOIS (La Rochelle), DEVOTIO (Bolonia), FESTURIS (Gramado) e SALON NAUTIQUE (París), nos que contará con caseta propia. Esta circunstancia é importante tela en canta para o envío da información, sendo necesario que o material encaixe coa temática do sector ao que se dirixe a feira e que se envíen cantidades máis axustadas. Para as feiras internacionais só admitirase material no idioma do país onde se celebra o certame ou na súa falta, en inglés. Para calquera dúbida, poden contactar coa área de Feiras de Turismo de Galicia en ferias.turismo@xunta.gal.

Feiras interesantes para os asociados
Por outra banda, de face a impulsar a participación en feiras dos asociados, o Clúster de Turismo de Galicia desexa coñecer aquelas feiras, ademais da WTM e ITB, nas que estarían interesados en participar. Neste sentido, rogamos remítannos aquelas feiras que son do seu interese á dirección electrónica secretariatecnica@clusterturismogalicia.com antes do próximo 15 de febreiro.

Descarga o calendario de feiras

09 de Febreiro de 2018

A oferta turística galega estará presente en 2018 en 38 feiras nacionais e internacionais

As citas internacionais case duplican ás nacionais, con caseta propia en sete delas A oferta turística galega estará presente a través da Axencia de Turismo de […]
06 de Febreiro de 2018

Xantar 2018 pecha a súa 19ª edición con 24.000 visitas como a única feira internacional especializada en turismo gastronomómico de España

As 200 experiencias que ofrecía o salón foron seguidas por máis de 7.000 asistentes Xantar pechou portas con máis de 24 mil visitantes, cifras que o […]
30 de Xaneiro de 2018

Máis de 200 actividades enogastronómicas e turísticas e 12 países representados en Xantar 2018

A piques de abrir as súas portas, entre o 31 de xaneiro e o 4 de febreiro, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico ofrécelle ao visitante […]
25 de Xaneiro de 2018

Aberto prazo para participar na misión comercial á ITB Berlín

O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo ITB Berlín, que terá lugar do 7 ao 11 […]