Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia está presente nesta feira profesional centrada no turismo interior

Cultura, natureza e enogastronomía son os fíos condutores desta nova edición de Intur, a Feira Internacional de Turismo de Interior que se celebra na Feira de Valladolidad até o vindeiro domingo. Un total de 300 expositores, que representan a un milleiro de empresas, asociacións e entidades, presentan neste certame as innumerables propostas que o sector ofrece para profesionais e viaxeiros. Entre elas cóntase o Clúster Turismo de Galicia que acode cunha caseta no que ofrecerá información sobre os produtos turísticos que mellor encanjan neste segmento turístico, como pode ser o catálogo de produtos de turismo rural, o turismo familiar ou o turismo activo.

Durante as dúas primeiras xornadas desenvólvense as actividades de carácter profesional, con encontros como o mercado de contratación Intur Negocios, no que participan ao redor dun centenar de compradores de mercados asiáticos, americanos e europeos, que representan o 48% do total. Xa durante o fin de semana a feira abrirase ao público final.

#Inturízate

A Feira de Valladolid puxo en marcha a campaña #Inturízate en colaboración con empresas e colectivos profesionais co obxectivo de que durante estas xornadas Intur, o turismo de interior, se viva máis aló do recinto da feira. Así, establecementos das asociacións de hoteis e hostalaría de Valladolid levarán a cabo actividades para que a cidade e o viaxeiro descubran diferentes facetas do turismo de interior

21 de Novembro de 2018

Cultura, natureza e enogastronomía, fíos condutores de Intur que se celebra até o domingo en Valladolid

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia está presente nesta feira profesional centrada no turismo interior Cultura, natureza e enogastronomía son os fíos condutores desta […]
16 de Novembro de 2018

Galicia Destino Activo fai balance do seu programa de accións en Sportur

A marca de referencia de Turismo Activo de Galicia estivo presente no Salón do Deporte e Turismo Activo que se celebrou en Ourense Con motivo da […]
15 de Novembro de 2018

Expourense acolle a segunda edición do Salón de Deporte e Turismo Activo Sportur, que espera albergar a máis de 10 mil visitantes

A programación desenvólvese do 15 ao 17 de novembro no recinto feiral ourensán e inclúe a programación de máis dun centenar de actividades entre as que […]
07 de Novembro de 2018

Medra o interese da turoperación británica polo destino Galicia

Conclúe a misión comercial do Clúster Turismo de Galicia na World Travel Market de Londres con boas sensacións e duplicando o número de encontros profesionais celebrados […]