Termatalia 2017 botou o peche en Expourense pero xa comezou a organizar a próxima edición que terá lugar en Foz do Iguaçu en Brasil entre o 19 e o 21 setembro de 2018 baixo a lema “A enerxía das augas”. A entrega da testemuña tivo lugar na xornada de clausura da feira nun acto que contou coa participarción do Ministro de Saúde de Brasil acompañado pola vicegobernadora do Estado de Paraná, Cida Borghetti, polo presidente de Itaipú Binacional, Luís Fernando Viana, e o secretario de turismo de Foz de Iguaçu, Gilmar Piolla. Esta delegación estivo arroupada pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.

“Para nós é unha conquista que permitirá colocar ao Estado de Paraná en particular e a Brasil en xeral no mapa mundial do turismo termal”, tal e como explicou a vicegobernadora que tamén quixo destacar que a organización de Termatalia 2018 conta co compromiso dos principais axentes do sector do Estado, tanto públicos como privados.
O acto de entrega da testemuña foi o acto principal dunha xornada de clausura repleta de actividades entre as que destacou tamén a XV Cata Internacional de Augas dirixida pola hidrosumiller Mercedes González, a entrega dos premios da 1º Competición de Proxectos Audiovisuais de turismo de saúde organizada por Termatalia en colaboración co Festival Internacional de Cinema ART & TUR e clausurouse a Bolsa de Contratación na que participaron unha trintena de operadores de turismo.

Esta acción viuse completada co fam trip de axencias de viaxes de España e Portugal que participaron na feira para coñecer de preto o produto ?turismo de saúde?, unha acción que contou coa colaboración do Cluster de Turismo de Galicia e o apoio de Turismo de Galicia. Culminan así dous días de intensa actividade nos que os 260 expositores de 40 países e as máis de 50 actividades convocaron a máis de 6.000 visitas de profesionais que visitaron esta edición.

26 de Setembro de 2017

Foz do Iguaçu recolle a testemuña para a organización de Termatalia Brasil 2018

Termatalia 2017 botou o peche en Expourense pero xa comezou a organizar a próxima edición que terá lugar en Foz do Iguaçu en Brasil entre o […]
18 de Setembro de 2017

Axencias de viaxes de España e Portugal coñecerán en Termatalia a oferta termal de Galicia

A través dunha viaxe de familiarización búscase potenciar a comercialización do produto turismo de saúde asociándoo a outros atractivos como a enogastronomía A acción conta coa […]
31 de Agosto de 2017

Termatalia 2017 contará cun selo de Correos propio e un cuño

A Sociedade Filatélica Miño creou un selo, cartóns postais prefranqueadas e cuño conmemorativo con motivo da celebración da feira Con motivo da celebración da próxima edición […]
14 de Agosto de 2017

Aberto prazo para inscribirse na próxima misión comercial do Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres

O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional de turismo WTM London, que terá lugar do 6 ao 8 […]