A celebración do I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo será a principal novidade da terceira edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo de Galicia que se celebrará en Expourense os días 15 e 16 de novembro. Así, este congreso celebrarase os días 14 e 15 de novembro baixo o auspicio de Expourense co apoio da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e Asociación do Deporte Español (ADESP) e co obxectivo de reforzar o carácter profesional da feira.

O congreso abordará diferentes temáticas como as políticas públicas, o turismo activo, casos de éxito de eventos deportivos en cidades ou zonas rurais, o turismo náutico e deportivo e o seu impacto económico ou o desenvolvemento do propio sector turístico. Outra das novidades sobre Sportur Galicia presentadas onte ao comité asesor foi o feito de que a pista de atletismo hidráulica coa que conta Expourense estará instalada para esta feira multiplicando así as opcións á hora de organizar actividades deportivas e exhibicións.

A terceira edición do Salón do Deporte e Turismo Activo dividirase de novo en tres áreas. A primeira delas dedicada á exposición comercial de produtos e servizos e á promoción de destino turístico. A segunda estará centrada nas exhibicións deportivas e a última destas áreas será a profesional que inclúe a organización de workshops con axencias de viaxes nacionais e internacionais.

20 de Setembro de 2019

A nova edición de Sportur Galicia acollerá o I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo

A celebración do I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo será a principal novidade da terceira edición de Sportur Galicia, Salón do Deporte e Turismo Activo de […]
18 de Setembro de 2019

A 19ª edición de Termatalia arrinca en Ourense reafirmando o seu papel como cita internacional de referencia para o turismo termal e de saúde

Máis de 300 expositores procedentes de 34 países danse cita en Expourense O venres 20 presentarase o proxecto “Un descanso nos Camiños”, nacido no seo do […]
11 de Setembro de 2019

O Clúster de Turismo de Galicia prepara unha nova misión comercial á feira internacional de turismo de Londres

Como en edicións anteriores, o Clúster Turismo de Galicia xa está a preparar a misión comercial internacional coa que concluirán as accións de promoción de destino […]
11 de Setembro de 2019

A “Semana Termatalia” sitúa a Ourense como centro internacional de formación e negocio en turismo de saúde

No marco de Termatalia, que se celebrará en Ourense o 19 e 20 de setembro como ponte termal entre continentes e evento de interese sanitario, segundo […]