O acto serviu tamén para que a Asociación de Balnearios de Galicia presentase na cidade o seu programa “Termalismo no Camiño”

Co fin de conmemorar o Global Wellness Day en Ourense, Termatalia organizou un acto no que se enxalzou o día internacional dedicado aos hábitos saudables e o benestar, onde se presentaron os obxectivos desta celebración e expuxéronse as últimas novidades da Feira Internacional de Turismo Termal, que este ano se celebra entre o 29 de setembro e o 1 de outubro en Coahuila-México.

Entre as autoridades que se deron cita no acto estiveron o Embaixador do Global Wellness Day en España, César Tejedor, que elixiu Ourense, de entre os 55 actos planeados para hoxe en todo o país; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que destacou a oferta termal galega e incidiu na capacidade hospitalaria asegurando que “somos unha comunidade moi amable e receptiva chea de beneficios ou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que remarcou que “Ourense é benestar e a capital termal de Galicia e de España, e témonos que sentir orgullosos de que Termatalia situase a nosa coidade internacionalmente” ou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense.

O acto tamén serviu para que a Asociación de Balnearios de Galicia presentase o seu novo programa “Termalismo no Camiño” que fomenta o uso dos balnearios galegos entre os peregrinos que van cara a Santiago. O programa do evento contemplou conexións en directo coas delegacións internacionais de México-Norte e Arxentina. Na posterior reunión de expertos de Termatalia, desveláronse moitas das características e accións que se desenvolverán na celebración de México, entre elas o programa e os cursos destinados á Hidrología Médica ou a importante misión de almacenistas de viaxes internacionais.

Global Wellness Day 
O día mundial do Benestar é un evento que transcende fronteiras, celébrase a nivel global o segundo sábado de cada mes de xuño, na actualidade máis de 74 países xa teñen unha participación activa. O fin desta xornada de reflexión é impulsar o benestar (Wellness) e fomentar un estilo de vida saudable. Con esta iniciativa, búscase crear conciencia social sobre as consecuencias e a importancia que teñen a prevención e o benestar na saúde das persoas.

14 de Xuño de 2016

Termatalia incorporou a Ourense na celebración do Gobal Wellness Day

O acto serviu tamén para que a Asociación de Balnearios de Galicia presentase na cidade o seu programa “Termalismo no Camiño” Co fin de conmemorar o […]
13 de Xuño de 2016

Turexpo e Festur promoveron a oferta turística galega no marco da Semana Verde de Silleda

O Clúster Turismo de Galicia contou coa súa propia caseta para ofrecer información dos seus asociados A oferta turística galega así como os principais atractivos do […]
16 de Maio de 2016

Turexpo e Festur celebraranse conxuntamente coa Semana Verde de Silleda do 9 ao 12 de xuño

Turexpo, o Salón Turístico de Galicia, celebrarase conxuntamente no marco da Feira Internacional Semana Verde, que se desenvolverá en Silleda do 9 ao 12 de xuño. […]
27 de Abril de 2016

ExpoCoruña acolle a única feira en Galicia dedicada ás manualidades e o DIY

Tras o éxito cultivado na súa primeira edición en Ferrol, With Love Feira Creativos dá o salto e trasládase até A Coruña onde ExpoCoruña acollerá a […]