O Clúster e sete empresas desprazáronse con Turismo de Galicia ata Italia para participar na TTG Travel Experience.

 

Un ano máis, Galicia estivo representada na feira turística internacional TTG Travel Experience, que se celebrou a semana pasada na cidade italiana de Rímini. O Clúster Turismo de Galicia co seu presidente, Cesáreo Pardal, e o seu vicepresidente, Jesús Picallo, encabezaron a delegación galega desprazada ata o país transalpino da man da Axencia Turismo de Galicia e coa participación de sete empresas do sector turístico: Tee Travel, Galicia Villas, Oca Hotels, Grupo Gescaho, ArtNatura, Pazo Los Escudos e Vio Viaxes.

 

Alí puideron tomar parte nun evento que contou con 2.200 marcas expositoras e un milleiro de compradores estranxeiros (un 58% de Europa e un 42% do resto do mundo), e que albergou máis de 200 actividades. Os seus promotores destacan que os actos celebrados no centro de exposicións de IEG permitiron reunir e mostrar ao mercado o mellor do turismo italiano, coas súas 20 rexións, e máis de 50 destinos estranxeiros, entre eles Galicia, confirmando o papel da feira de Rímini como a exposición de referencia para o mercado emisor italiano.

 

A feira pechouse cun incremento nun 25 % dos visitantes profesionais con respecto ao 2021. Este dato confirma, segundo os seus promotores, que “os profesionais do comercio volven crear valor, en liña coas novas expectativas dos viaxeiros, tanto no sector do lecer como no dos negocios” e que “viaxar é un activo no que as persoas invisten, porque xera riqueza cultural, benestar físico e crecemento persoal e faino de maneira inmediata e sen restricións”.

17 de Outubro de 2022

A feira turística de Rímini tivo un ano máis representación galega

O Clúster e sete empresas desprazáronse con Turismo de Galicia ata Italia para participar na TTG Travel Experience.   Un ano máis, Galicia estivo representada na […]
02 de Outubro de 2022

O Clúster desenvolveu unha intensa actividade en Termatalia

Jesús Picallo mantivo varios encontros con autoridades turísticas de Latinoamérica e César Sánchez Ballesteros participou nunha presentación das xornadas técnicas.   O Clúster tamén deu a […]
04 de Setembro de 2022

O Clúster abre o prazo para sumarse á súa próxima misión comercial a Italia

Participará na feira internacional TTG Incontri Rimini, que se desenvolverá do 12 ao 14 de outubro.   Hai 6 prazas dispoñibles e os interesados poden anotarse […]
29 de Agosto de 2022

O Clúster prepara unha nova misión comercial á WTM de Londres

Unha vintena de empresas galegas poderán participar na viaxe á feira internacional de turismo que se celebrará na capital británica do 7 ao 9 de novembro. […]