O Clúster Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística concedido polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) durante a celebración de Fitur, que pecha este domingo en Madrid. Trátase dun dos recoñecementos máis importantes do sector e a súa entrega tivo lugar durante a gala da Noite Q 2020 na Galería de Cristal Palacio de Cibeles, sede do Concello de Madrid. Tamén recibiron o distintivo o Concello de Torremolinos, a Asociación de Empresarios de Praia Costa do Sol, o Concello de Puerto de la Cruz e o Cabildo de Tenerife.

O obxectivo dos galardóns é recoñecer o esforzo realizado polas institucións ou persoas particulares para impulsar a marca Q de Calidade Turística. No caso do Clúster Turismo de Galicia o ICTE fai entrega deste premio ao CTG en recoñecemento ao compromiso do empresariado turístico galego coa Marca Q de Calidade, cunha participación activa do Clúster, no apoio a todas as accións ao redor da Q que se impulsan desde a Xunta de Galicia e coa culminación dun importante número de certificacións, que converteu a esta Comunidade na segunda de toda España neste aspecto.

O premio foi recolliedo polo presidente do Clúster, Cesáreo Pardal nunha gala presidida pola Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver e o presidente do ICTE, Miguel Mirones, que manifestou que con estes Premios, desde o Instituto quérese subliñar unha vez máis a importancia da colaboración público-privada, posto que se están recoñecendo a entidades tanto privadas como públicas que apostaron por formulas de colaboración para implantar nos seus territorios sistemas de calidade, promocionar a Marca Q e aumentar o numero de certificacións.

A segunda comunidade no ranking
Galicia conta con 290 certificacións, o que a sitúa no segundo posto do ranking, tras Andalucía que acumula un total de 330 e moi por diante da Comunidade Valenciana, que conta con 196 recoñecementos deste tipo.

O maior número de certificacións, un total de 79 (máis do 27%), outorgáronse a hoteis e apartamentos turísticos; por detrás sitúanse os restaurantes (22%), os servizos turísticos de intermediación (15,5%) e aloxamentos rurais (9,3%).

Por outra banda, son dez os portos deportivos que contan coa Q de Calidade, un total de sete balnearios, seis Oficinas de Información Turística, catro cámpings, tres empresas de turismo activo e outro tres doutros servizos vinculados ao sector e dous de transporte turístico.

20 de Xaneiro de 2020

O Clúster de Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística durante a celebración de Fitur

O Clúster Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística concedido polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) durante a celebración de Fitur, […]
13 de Xaneiro de 2020

Participación do Clúster Turismo de Galicia en Fitur

Un ano máis esta entidade xestionará o espazo de negocios dentro da caseta de Galicia na Feira Internacional de Turismo, a primeira gran cita do ano […]
23 de Decembro de 2019

Máis de 500 empresas turísticas galegas participaron nalgunha das accións impulsadas polo Clúster Turismo de Galicia ao longo de 2019

Ao longo deste ano o CTG impulsou 9 workshops e participou en máis de 1500 reunións, ademais de ter presenza directa en dez feiras nacionais e […]
11 de Decembro de 2019

A asociación de Clubs Náuticos de Galicia (ASNAUGA), presente no Salón Náutico Internacional de París

ASNAUGA representou á náutica deportiva Galega no Salón Náutico Internacional de Paris, que se celebrou na capital francesa o 7 ao 11 de decembro, onde representantes […]