As solicitudes deberán chegar antes do 26 de febreiro e o Clúster asumirá os custos de rexistro das primeiras 20 persoas que o soliciten

 

O Clúster do Turismo de Galicia participará na feira internacional de turismo de ITB Berlín, que este ano se celebrará en formato virtual, do 9 ao 12 de marzo de 2021.

As persoas que participen na feira como “visitante comercial” terán acceso a:

 

  • Área de rede na que podes contactar vía chat / correos electrónicos coas empresas que consideres de interese.
  • Accede a todas as presentacións no auditorio
  • Zona de expositores onde poden visitar e solicitar citas aos expositores participantes, sen límite de reunións. Nesta ligazón podes consultar á lista de expositores.

Este acceso ten un custo de 99 euros que o Clúster asumiría integramente para un máximo de 20 participantes.


Para iso, é necesario que os que desexen participar como “visitante comercial” envíen un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com
manifestando o seu interese e incluíndo os datos detallados a continuación:

 

  • Nome da empresa, enderezo e teléfono.
  • Nome e apelidos do representante da empresa
  • Correo electrónico
  • Contacto telefónico.

A data límite para a inscrición será o venres 26 de febreiro ás 12:00 horas. O rexistro realizarase por orde cronolóxica de solicitude e limitando o acceso a un representante por entidade.

18 de Febreiro de 2021

O Clúster de Turismo de Galicia abre o prazo para rexistrarse como visitante profesional no ITB Berlín virtual

As solicitudes deberán chegar antes do 26 de febreiro e o Clúster asumirá os custos de rexistro das primeiras 20 persoas que o soliciten   O […]
19 de Outubro de 2020

O Clúster de Turismo de Galicia invita a 30 asociados a visitar o WTM London, que este ano será virtual

Os “trade visitors” teñen acceso á feira virtual e poden asistir a máis de 50 conferencias en directo, entre outras vantaxes. As persoas que queiran participar […]
30 de Xullo de 2020

Termatalia organiza o 1º Congreso sobre Auga e Saúde

Celebrarase os días 16 e 17 de setembro de 2020 en formato híbrido puidendo seguirse de forma presencial desde Ourense ou ben virtual desde calquera parte […]
13 de Xullo de 2020

Os organizadores da WTM insisten en que a feira se celebrará este ano

Os organizadores da World Travel Market de Londres, unha do tres feiras turísticas máis importantes do mundo, están convencidos en que o evento se celebrará en […]