A cuarta edición de Fairway celebrarase os días 7, 8 e 9 de novembro en Compostela.

 

Máis de 70 expositores de toda a península relacionados co Camiño de Santiago tomarán parte os días 7, 8 e 9 de novembro en Compostela na cuarta edición de Fairway, o fórum sobre o turismo ao redor das rutas de peregrinación á tumba do Apóstolo. Entre os participantes estará de novo o Clúster Turismo de Galicia, que dispoñerá dun espacio propio para dar a coñecer o labor que a entidade realiza como gran voz do turismo galego agrupando a máis 70 empresas e colectivos do sector.

 

A presenza do Clúster non se limitará aos labores de difusión que realizará desde o seu espazo expositivo. O presidente da entidade, Cesáreo Pardal, é un dos expertos convidados a formar parte da mesa de debate que se celebrará o martes 9 baixo o título de “Camiño seguro no Xacobeo 2022 tras a Covid-19”. Xunto a el estarán  Ildefonso de la Campa, director da S. A. de xestión do Xacobeo; Antonio Leira, deputado da Deputación da Coruña; Miguel Ángel Rodríguez Aira, presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber); representantes do Centro Superior de Hostalería de Galicia, das asociacións de Amigos do Camiño de Santiago e doutras comunidades autónomas, e o profesor emérito de Medicina Preventiva Juan Gestal, que se encargará da presentación.

 

O programa desta nova edición de Fairway combinará o apartado feiral, no que se darán cita empresas, institucións e destinos turísticos; con workshops, que permitirán coñecer a destacados operadores no ámbito internacional; un congreso no que serán abordados temas de actualidade, tendencias, aspectos formativos e outros asuntos de interese para o sector, e un espazo de formación (Fairway Academy) con obradoiros e mesas de debate coa participación de expertos. Todo iso nun formato híbrido presencial/en-liña para permitir que se poida participar tamén de forma remota grazas as transmisións en streaming. As actividades desenvolveranse no Palacio de Congresos compostelán.

 

Máis información en https://2021.fairwaysantiago.com/

23 de Outubro de 2021

O Clúster volverá estar presente na gran feira turística do Camiño de Santiago

A cuarta edición de Fairway celebrarase os días 7, 8 e 9 de novembro en Compostela.   Máis de 70 expositores de toda a península relacionados […]
14 de Outubro de 2021

O Clúster promociona Galicia na feira internacional TTG de Rímini

Unha misión comercial encabezada por Cesáreo Pardal desprazouse ata Italia para participar na 58° edición deste encontro destinado a profesionais do sector turístico.   Representantes do […]
27 de Setembro de 2021

O Clúster Turismo de Galicia volverá estar presente na Feira Internacional de Turismo de Londres

O prazo para inscribirse na misión comercial que organiza a entidade estará aberto ata o 1 de outubro.   Un ano máis o Clúster Turismo de […]
20 de Maio de 2021

Cesáreo Pardal destaca que Galicia é o destino máis seguro grazas ao modelo de colaboración entre a industria, a Administración e o coñecemento

O Clúster de Turismo de Galicia presentou en Fitur un balance do traballo realizado durante os últimos 15 meses para planificar a recuperación e establecer medidas […]