• A presentación do CTG será o mércores, 22 de xaneiro, a partir das 12:30 horas.
  • Será xusto despois da exposición da Xunta de Galicia, ‘Galicia, terra acolledora’, ás 11:45 horas.

 

O Clúster Turismo de Galicia está preparado para promocionarse na Feira Internacional de Turismo (Fitur) 2025. A actividade no espazo de Galicia comezará o mércores, 22 de xaneiro, co acto inaugural e coa presentación ‘Galicia, terra acolledora’ da Xunta de Galicia ás 11:45 horas.

 

Tras isto, ás 12:30 horas, o Clúster procederá coa presentación ‘Da información ao éxito: Optimiza as túas decisións hostaleiras’, na que promocionará o Sistema de Monitorización e Análise de Datos de Aloxamento (SIMADA). Esta ferramenta de análise permite comparar os datos de ocupación con respecto ao destino ou a empresas similares no destino, así como os prezos, a súa evolución, e diversos datos de interese para os aloxamentos. O seu obxectivo é ofrecer de primeira man información sobre as reservas e prezos dos diferentes establecementos de aloxamento para poder adoptar as mellores decisións no ámbito empresarial.

 

A presentación do Clúster poderase seguir en directo a través da páxina web do CTG, onde se habilitará o vídeo da presentación para seguila por streaming.

 

A do Clúster é unha das case 50 presentacións que terán lugar na caseta de Galicia. Este ano, o espazo galego recibirá aos visitantes co lema “Xa estás en Galicia!”, dándolles a benvida a unha comunidade onde a calidade, a biodiversidade e a sostibilidade serán os eixos dun percorrido polo patrimonio material e inmaterial galego. O programa completo de presentacións pode consultarse a través da páxina web de Turismo de Galicia.

 

20 de Xaneiro de 2025

A presentación do Clúster en Fitur 2025 ‘Da información ao éxito: Optimiza as túas decisións hostaleiras’ poderá seguirse en directo a través da web

A presentación do CTG será o mércores, 22 de xaneiro, a partir das 12:30 horas. Será xusto despois da exposición da Xunta de Galicia, ‘Galicia, terra […]
13 de Xaneiro de 2025

O Clúster presentará en FITUR 2025 o Sistema de Monitorización e Análise de Datos de Aloxamento

A presentación, que terá lugar o 22 de xaneiro a partir das 12:30 horas no Pavillón 9 de IFEMA, poderá seguirse en directo vía streaming. A […]
13 de Xaneiro de 2025

Eventos clave do sector turístico en 2025

Xa podes consultar o calendario de feiras nas que participa Turismo de Galicia e xornadas de comercialización de Turespaña 2025. O sector turístico encara un 2025 […]
26 de Novembro de 2024

O Clúster participa na MAST Sales Sensation de Chicago, achegándose ao mercado estadounidense

O Clúster e a marca turística ‘Galicia Destino Sostible’ participaron nesta convención o pasado martes, 19 de novembro. O Clúster Turismo de Galicia mantén a súa […]