“Mundo ferial” entrega a Alejandro Rubín un recoñecemento como o destacado directivo do sector no 2017 en honra á súa traxectoria de internacionalización

A Asociación Galega de Feiras/Eventos, AGAFE, asociación da que forman parte 60 socios do catro provincias galegas que dá emprego a 20.000 traballadores, celebrou en Ourense a súa sexta Asemblea Xeral Anual, que serviu para facer balance das actividades desenvolvidas ao longo de 2017, un total de 85 feiras e 500 eventos, contribuíndo con estes a dinamizar distintos sectores produtivos. Estes certames reuniron a 5.500 expositores, ocuparon preto de 600.000 m2 e convocaron a 2.255.000 visitantes.
A clausúraa desta asemblea asistiu Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, que remarcou ?a importancia do movemento asociativo para gañar visibilidade e fomentar o sector feiral, o turismo de congresos e de reunións en Galicia, fortalecendo non só o eixo Atlántico se non tamén o interior?, tamén destacou a ?calidade como credencial para as empresas e axentes que pertencen a este ámbito?. O vicepresidente estivo acompañado polo presidente de AGAFE, Alejandro Rubín Carballo, e membros da directiva, entre eles o vicepresidente e director xerente do Instituto Feiral de Vigo, o director xerente da Fundación Semana Verde de Galicia, a presidenta da Federación Galega de Libreiros ou o presidente da Federación Galega de Autónomos, ademais de empresas e profesionais asociados.
Durante o transcurso da asemblea tomouse como obxectivo estratéxico a captación de eventos foráneos que poidan executarse en Galicia, xa procedan do mercado nacional ou mesmo internacional. Para iso a asociación, que representa a toda a cadea de valor de empresas de servizos, públicas e privadas, que entran en contacto á hora de producir unha feira, congreso ou outro tipo de reunión profesional, ?analizará que canles e organismos internacionais serán os máis adecuados co fin de proxectarse a nivel global e incrementar o número de foros nos que promocionar ao conxunto de asociados? declarou Alejandro Rubín, presidente de AGAFE e director xerente de Expourense.

Recoñecemento a Alejandro Rubín
O medio especializado “Mundo Ferial” con máis de trinta e cinco anos de presenza no sector, quixo aproveitar o escenario da asemblea galega para facer entrega dun recoñecemento a Alejandro Rubín, director xerente de Expourense, como Destacado Director de Institución Feiral do ano 2017. Sinalando os logros na internacionalización de Termatalia e a súa traxectoria promovendo e potenciando no exterior a Expourense, Galicia e España a través das súas feiras nacionais e internacionais. Este nome agrégase así aos doutros que foron destacados directivos feirais para esta revista como Christine Michels (Messe Frankfurt); Carlos de Sebastián (Presidente de OPC España); Xavier Castells (Fira Barcelona); Pedro Mahringuer (Hannover Messe); Rosa M. Verguizas (Prodiseño); Xullo Abreu (Madrid Convention Bureau); Joaquín Cabral (Grupo Marva); Jordi Bárzano (Barcelona); ou Carolina Sicilia (MICE Tilesa), entre outros moitos.

03 de Xaneiro de 2018

AGAFE celebra en Expourense a súa asemblea anual facendo balance das 85 feiras e 500 eventos realizados en 2017

“Mundo ferial” entrega a Alejandro Rubín un recoñecemento como o destacado directivo do sector no 2017 en honra á súa traxectoria de internacionalización A Asociación Galega […]
28 de Novembro de 2017

Máis de cen profesionais asistirán á presentación do sector MICE galego na Feira IBTM World de Barcelona

Nun acto conducido por Silvia Jato o vindeiro mércores, exporanse a operadores internacionais as potencialidades e infraestruturas de Galicia para o turismo de congresos Máis de […]
17 de Novembro de 2017

Máis dun cento de actividades converten a Ourense na capital do turismo deportivo

Do 17 ao 19 de novembro Expourense acolle a primeira edición de Sportur, Salón do Deporte e Turismo Activo, unha iniciativa coa que se busca dar […]
15 de Novembro de 2017

A segunda edición de Fairway abordou de forma global e transversal o fenómeno do Camiño de Santiago reunindo aos axentes e profesionais que traballan ao redor das súas rutas

O Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia viviu do 12 ao martes 14 un evento que sumou congreso, feira e workshop con turoperadores internacionais A […]