• Inscrición aberta ata o 10 de outubro

 

O Clúster Turismo de Galicia lembra aos seus asociados que continúa aberto o prazo de inscrición para participar no workshop profesional de Fairway Santiago 2025, que se celebrará os próximos 10 e 11 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia.

 

  • As empresas asociadas ao Clúster poderanse beneficiar dunha cota de participación bonificada polo seu vínculo institucional

 

O encontro, especializado no Camiño de Santiago, reunirá a empresas turísticas galegas e nacionais con compradores internacionais de primeiro nivel. As compañías asociadas ao Clúster poderán acceder a condicións preferentes, cunha cota bonificada de 230 euros máis IVE (278,30 euros en total).

 

  • As inscricións están abertas ata o 10 de outubro con prazas limitadas

 

prazo de inscrición finaliza o 10 de outubro, con prazas limitadas e un máximo de dous representantes por empresa. Para aplicar o desconto será imprescindible indicar “Clúster de Turismo de Galicia” ao seleccionar a modalidade de pago “Cota Inscrición Bonificada por vinculación a Institución/Asociación”.

 

Tras o peche de inscricións, as entidades participantes recibirán acceso á plataforma dixital de Fairway, onde poderán consultar os perfís de Hosted Buyers rexistrados e marcar as súas preferencias de reunións. Días antes do evento faráselles chegar unha axenda personalizada de citas, axustada aos seus intereses comerciais.

 

Fairway Santiago 2025 consolídase coma unha das principais oportunidades para a promoción e comercialización de produtos e servizos vinculados ao Camiño, ofrecendo un espazo de networking profesional con proxección internacional.

29 de Setembro de 2025

Últimos días para inscribirse no obradoiro profesional Fairway Santiago 2025, con condicións especiais para os membros do Clúster

Inscrición aberta ata o 10 de outubro   O Clúster Turismo de Galicia lembra aos seus asociados que continúa aberto o prazo de inscrición para participar […]
22 de Setembro de 2025

Colombia albergará a 23ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar (Termatalia) coa presenza do Clúster

A feira internacional do termalismo celebrarase en Paipa do 24 ao 26 de setembro   Galicia volverá posicionarse como referente do turismo termal internacional coa súa […]
16 de Setembro de 2025

O Clúster prepara unha nova misión comercial á WTM London 2025

O prazo de inscrición estará aberto ata o martes, 30 de setembro.   O Clúster Turismo de Galicia abriu o prazo de inscrición para participar na […]
21 de Xullo de 2025

O Clúster Turismo de Galicia organiza unha misión comercial á feira TTG Incontri Rímini 2025

A cita internacional celebrarase en Italia entre o 8 e o 10 de outubro   O Clúster Turismo de Galicia (CTG) lanzou unha convocatoria para participar […]