• A feira turística da capital portuguesa celebrouse do 28 de febreiro ao 3 de marzo, coas tres primeiras xornadas reservadas exclusivamente a profesionais.

A BTL Lisboa é un sinónimo de innovación e creación de oportunidades para os seus participantes. E, un ano máis, o Clúster Turismo de Galicia asistiu ao gran evento turístico da capital lusa.

 

A través das 50 invitacións cedidas pola Axencia Turismo de Galicia, o CTG facilitou a participación do sector turístico galego nesta feira de renome internacional. Foron varias as empresas galegas que estiveron presentes, e empregaron as mesas de traballo do stand de Turismo de Galicia para manter reunións con profesionais do sector do mercado portugués, así como doutros mercados internacionais.

 

Así mesmo, o CTG participou no programa Hosted Buyer, organizado pola BTL, cos catálogos de axencias de viaxe maioristas de receptivo de Galicia e co catálogo de turismo de luxo. No marco do mesmo programa, mantivéronse reunións con diferentes operadores turísticos procedentes de Reino Unido, Brasil, Filipinas, Estados Unidos, Australia e España. Algúns deles estaban interesados en incorporar á súa oferta o destino Galicia; e outros, que xa o incluían nos seus programas, querían ampliar a súa oferta con novos destinos galegos e experiencias diferentes. Destacou o seu interese polo turismo cultural e a enogastronomía, dous piares do destino Galicia.

 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, tamén asistiu ao evento, recibindo no stand de Galicia a visita do embaixador de España en Portugal, Juan Fernández Trigo, e da conselleira da oficina técnica de turismo en Lisboa, Yolanda Martínez Cano-Cortés.

 

Esta edición contou cunha maior afluencia de profesionais e de público final que edicións anteriores. Máis de 1.500 expositores de tódalas rexións portuguesas e de países como España, Brasil, Venezuela, Cuba, Túnez e Cabo Verde formaron parte desta BTL 2024, sumando máis de 85 destinos internacionais.

05 de Marzo de 2024

Proveitosa participación do sector turístico galego na feira BTL de Lisboa

A feira turística da capital portuguesa celebrouse do 28 de febreiro ao 3 de marzo, coas tres primeiras xornadas reservadas exclusivamente a profesionais. A BTL Lisboa é […]
05 de Marzo de 2024

O Clúster promociona o Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ en BioCultura A Coruña 2024

A feira celebrouse do 1 ao 3 de marzo no recinto de EXPOCoruña. A marca ‘Galicia Destino Sostible’ contou cun stand propio a través do cal […]
27 de Febreiro de 2024

O ecoturismo protagonizará a V edición de BioCultura

A feira celebrarase do 1 ao 3 de marzo no recinto de EXPOCoruña. A marca Galicia Destino Sostible contará cun stand propio, promocionando a oferta turística […]
19 de Febreiro de 2024

O Clúster de Turismo pon a disposición do sector turístico galego 50 invitacións para a BTL de Lisboa

A feira turística da capital portuguesa celebrarase do 28 de febreiro ao 3 de marzo, coas tres primeiras xornadas reservadas exclusivamente a profesionais. A partir das […]