• Celebrarase do 5 ao 8 de xuño en Silleda.

 

Do 5 ao 8 de xuño, o Recinto Feiral Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra), volverá ser o escenario de dúas das citas máis relevantes do calendario turístico galego: Turexpo Galicia e Festur. Celebraranse de forma simultánea coa 47ª edición da Semana Verde de Galicia, un evento multisectorial que no 2024 congregou a máis de 84.000 visitantes, consolidando esta cita como unha das máis importantes do noroeste peninsular.

 

Na súa 14ª edición, Turexpo Galicia regresa cunha programación renovada que busca seguir a impulsar o turismo na comunidade, mentres que Festur, na súa 11ª convocatoria, poñerá en valor o peso cultural e económico das festas galegas de interese turístico, que cada ano atraen a miles de visitantes a pobos e cidades de toda a comunidade.

 

Un dos grandes focos de atracción será de novo a Bolsa de Contratación Turística, un espazo clave de encontros profesionais que na súa edición anterior bateu récords: 2.300 reunións B2B con 33 operadores turísticos procedentes de 11 países. Para este ano, a organización traballa en ampliar a presenza internacional e nacional, reforzando así o posicionamento de Galicia como destino estratéxico nos mercados turísticos.

 

A celebración conxunta con Festur engade un compoñente diferencial, ao destacar a diversidade cultural e a riqueza festiva de Galicia, elementos clave no seu atractivo turístico. As festas de interese turístico, xunto co patrimonio natural, a gastronomía e a hospitalidade das súas xentes, consolidan a Galicia como un destino cada vez máis valorado polo visitante nacional e internacional.

 

Como cada ano, o Clúster Turismo de Galicia estará presente cunha caseta propia no espazo de Turismo de Galicia, desde onde promocionará a oferta turística galega e marcas turísticas como ‘Galicia Destino Sostible’.

12 de Maio de 2025

Turexpo Galicia e Festur quentan motores para converter a Silleda no epicentro do turismo galego

Celebrarase do 5 ao 8 de xuño en Silleda.   Do 5 ao 8 de xuño, o Recinto Feiral Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra), […]
24 de Marzo de 2025

Galicia pecha a súa participación na BTL Lisboa reforzando o seu posicionamento no mercado luso

O Clúster, a través das invitacións cedidas por la Axencia Turismo de Galicia, facilitou a participación de oito axencias de viaxe de receptivo.   Galicia concluíu […]
11 de Marzo de 2025

O sector turístico galego prepárase para a súa participación na BTL Lisboa 2025

Clúster Turismo de Galicia, a través das invitacións cedidas pola Axencia Turismo de Galicia, facilita a participación de oito empresas galegas no evento. A feira portuguesa […]
11 de Marzo de 2025

Galicia reforza a súa presenza no mercado alemán tras a súa participación na ITB Berlín 2025

A misión comercial do Clúster estivo conformada por 12 empresas turísticas galegas e pola marca ‘Galicia Destino Sostible’.   O sector turístico galego pechou con éxito […]