O salón que se celebra en Ourense o 18 e o 19 de novembro inclúe un workshop no que participarán catro maioristas especializados.

 

O sector do turismo activo reúnese o venres 18 e o sábado 19 de novembro nas instalacións de Expourense (Ourense) para celebrar a cuarta edición do salón Sportur Galicia. Os seus organizadores afrontan a edición deste ano como unha oportunidade de estender a difusión de Galicia como un destino seguro ao ámbito do deporte e o turismo na natureza, e converter eses elementos nunha porta de entrada á comunidade de visitantes máis aló das tempadas vacacionais habituais.

 

Para iso deseñaron un amplo programa de actividades que inclúe a celebración dun  workshop como punto de encontro entre os operadores e as axencias especializadas en turismo activo e os representantes dos destinos que participan na feira. Estes últimos poderán coñecer así as propostas dos catro maioristas presentes na cuarta edición de Sportur Galicia: Portugal Green Walks, Galicia Holiday, Evasiona e Inturismo.

 

Ademais, o programa de actividades de Sportur inclúe un espazo de exposición coa participación dunha trintena de empresas e entidades de ámbitos tan diversos como as axencias de viaxes, os albergues, os ximnasios, a alimentación saudable, o coidado persoal, as federacións e clubs deportivos, as marcas de equipamento deportivo, as tendas especializadas e o turismo termal.

 

Así mesmo, os asistentes a este salón do turismo activo e deportivo poderán gozar dun programa de actividades deportivas que inclúe un simulador de tiro virtual, quendas de remo indoor, exhibicións de hóckey, atletismo e talleres de ciclismo, entre outras. O apartado formativo de Sportur articularase ao redor das xornadas técnico profesionais que reunirán a máis dunha decena de relatores procedentes do mundo da práctica e o asociacionismo deportivo.

 

Sportur está organizado por Expourense co apoio da Secretaría Xeral para ou Deporte, a Axencia Turismo de Galicia e a Deputación de Ourense, e coa colaboración do  Concello de Ourense. Tamén o Agrupación industrial Turismo de Galicia achega o seu gran de area á organización como membro do comité asesor.

18 de Novembro de 2021

Deporte e turismo xuntan forzas en Sportur Galicia

O salón que se celebra en Ourense o 18 e o 19 de novembro inclúe un workshop no que participarán catro maioristas especializados.   O sector […]
18 de Novembro de 2021

O turismo de interior galego traspasa fronteiras en Intur


Once empresas asociadas ao Clúster participarán no apartado profesional da feira que se celebra en Valladolid do 18 ao 21 de novembro.   Intur, a Feira […]
03 de Novembro de 2021

A promoción de experiencias relacionadas co Camiño protagoniza a presencia de Galicia no World Travel Market de Londres

O Clúster Turismo de Galicia organizou unha misión comercial á feira británica na que participaron máis de 20 profesionais e empresarios.   A promoción de experiencias […]
02 de Novembro de 2021

Ourense convértese na capital do turismo gastronómico con Xantar

A nova edición do salón internacional celébrase do 3 ao 7 de novembro e está centrada nos sabores das distintas rutas do Camiño de Santiago.   […]