• Unha decena de empresas asociadas ao CTG participarán na bolsa de contratación de Intur Negocios o 16 de novembro.
  • A feira celébrase en Valladolid do 16 ao 19 de novembro.

 

Valladolid acolle esta semana a que será a 26 edición de Intur, a Feira Internacional de Turismo Interior, unha cita de referencia para o turismo de interior da Península Ibérica e pioneira na aposta pola promoción e divulgación deste segmento de actividade.

 

Intur arrincará o vindeiro xoves, 16 de novembro, coa xornada para profesionais do sector: Intur Negocios, un escenario de traballo no que participan todos os segmentos que dan forma ao turismo de interior: axencias de viaxes, operadores turísticos, aloxamento, destinos, experiencias, MICE, enogastronomía, turismo de saúde e transporte, entre outros.

 

A xornada profesional articula os seus contidos en torno a tres espazos: un mercado de contratación, unha área de exposición, e un foro de análise (Intur Talks) no que se tratarán aspectos como o impacto do patrimonio no turismo de interior, as chaves da promoción no exterior, ou a importancia da gastronomía como palanca para os destinos.

 

Preto de 70 turoperadores nacionais e internacionais participarán en Intur B2B. O perfil destes compradores engloba tanto mercados consolidados e de proximidade, como destinos afastados en crecemento. A cita contará con representantes de Bélxica, Chile, China, Estados Unidos, Indonesia, Países Baixos, Portugal, Reino Unido e Taiwán. Unha decena de empresas asociadas ao Clúster Turismo de Galicia tomarán parte na bolsa de contratación de Intur Negocios: Iberik Hoteles, Alda Hotels, Naviaventours Viaxes, Eurostars, Tee Travel, Naturmaz Viajes, Mares do Grove, Naviera Nabia, Sailway, Experiencias del Destino, Hotel Carlos I Silgar, Hotel Alfonso IX, Complejo Natural CemarEasy Galicia.

 

Do venres 17 ao domingo 19 de novembro celebrarase o apartado da feira aberto ao público xeral. Intur Viajeros engloba as propostas de máis dun milleiro de destinos, empresas e colectivos profesionais. Ademais, organizado por Escapada Rural, en Intur Viajeros comezará a procura da Capital do Turismo Rural, un título que este 2023 ostenta Campo Lameiro.

15 de Novembro de 2023

O Clúster incentiva a participación das empresas galegas na Feira Internacional do Turismo de Interior Intur

Unha decena de empresas asociadas ao CTG participarán na bolsa de contratación de Intur Negocios o 16 de novembro. A feira celébrase en Valladolid do 16 […]
26 de Setembro de 2023

A 21ª edición de Termatalia celébrase do 4 ao 6 de outubro en Uruguai

No marco da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, organízase tamén o IV Congreso Internacional sobre Auga e Saúde.   Uruguai converterase durante tres […]
14 de Xuño de 2023

O Clúster de Turismo promociona o turismo sostible e familiar en Turexpo

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os salóns paralelos Salimat Abanca, Turexpo Galicia, Festur e Fecap Abanca, recibiron máis de 100.000 visitantes en […]
18 de Marzo de 2023

FITUR cualifica de “referencia para o sector turístico” o stand de Galicia na pasada edición da feira

Os organizadores da cita turística internacional madrileña destacan o récord de visitantes do espazo galego e a gran actividade da área de negocios xestionada alí polo […]