[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A comunidade pasou o ano pasado dos 6,5 millóns de viaxeiros aloxados e superou por primeira vez a barreira dos 12 millóns de noites pasadas.

 

A ocupación foi superior en 8 puntos á media nacional e Galicia mantivo a súa posición como sétimo destino máis importante.

 

A boa marcha do sector turístico galego durante todo o 2022 confirmouse cos datos globais do ano xa concluído. Galicia rexistrou durante o pasado exercicio un aumento importante do número de visitantes e noites pasadas superando non só amplamente (un 40 % máis) as cifras do 2021, senón tamén aumentando os números do 2019, previos á pandemia da covid.

 

Segundo os datos do INE destacados polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante o acto celebrado en Chantadapara conmemorar o décimo aniversario da implantación na devandita localidade da multinacional hostaleira Hotusa, Galicia pechou o 2022 con máis de 6,5 millóns de viaxeiros e aloxados e superou por primeira vez a barreira dos 12 millóns de noites pasadas ao sumar 12,5 millóns de noites.

 

O avance rexistrado con respecto ao 2021 produciuse tanto no referente aos turistas nacionais, que aumentaron nun 22 %, como cos internacionais, que se duplicaron ata alcanzar os 3,1 millóns de visitantes chegados doutros países.

 

Desde a Xunta destacan que este incremento do número de visitantes e de noites pasadas deixouse sentir en todos os tipos de aloxamentos turísticos, pero especialmente nos albergues, que presentan o incremento máis elevado superando en máis do dobre as cifras do 2021. Este aumento dos albergues é froito da continuación do Ano Santo Xacobeo 21-22, posto que o aumento dos peregrinos durante o pasado exercicio permitiu bater tamén outro récord: o das compostelas concedidas nun só ano, que por primeira vez superaron as 400.000.

 

Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, no Parlamento galego, estas cifras permitiron que Galicia rexistrase durante o 2022 unha ocupación 8 puntos superior á media nacional e que mantivese a súa posición como o sétimo destino máis importante tras Canarias, Cataluña, Baleares, Andalucía, a Comunidade Valenciana e Madrid. Ademais, Galicia avanzou na desestacionalización do sector turístico debido a que aínda que a tempada alta (xullo e agosto) concentrou o 38 % da demanda, a tempada media conseguiu ese mesma porcentaxe e a baixa levou o 24 % restante.

03 de Febreiro de 2023

Galicia pechou o 2022 con récord de ocupación

A comunidade pasou o ano pasado dos 6,5 millóns de viaxeiros aloxados e superou por primeira vez a barreira dos 12 millóns de noites pasadas.   […]
29 de Xaneiro de 2023

Cinco vilas galegas a visitar durante o 2023 segundo Viaxes National Geographic

Allariz, Cambados, Combarro, Mondoñedo e Ribadavia forman parte da listaxe das cen vilas máis bonitas de España elaborada pola publicación.   A revista Viaxes National Geographic […]
27 de Xaneiro de 2023

Comezan os preparativos para Turislab 2023

A Xunta abriu a preinscrición para a terceira edición da súa Aceleradora de Startups Turísticas.   Turislab, a Aceleradora de Startups Turísticas posta en marcha pola […]
26 de Xaneiro de 2023

O Clúster prepara xa a súa misión comercial á ITB Berlín

A próxima edición da feira turística internacional da capital alemá celebrarase os días 7, 8 e 9 do próximo mes de marzo.   O prazo para […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572573574575576577578579580581582583584585586587588589590591592593594595596597598599600601602603604605606607608609610611612613614615616617618619
Página siguiente