[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

costa da morteMar de Caión, Descubre o Mar, Camariñas, o corazón do encaixe, así como o Camiño de Fisterra-Muxía estiveron presentes en distintas presentacións no stand de Galicia

Co obxectivo de dinamizar a economía e impulsar iniciativas que favorezan unha oferta innovadora, o stand de Galicia en Fitur abriu un oco para asomarse a todo o potencial turístico de Costa da Morte a través de diferentes iniciativas que se foron presentando en días sucesivos.

Así, A Laracha estrenou presenza en Fitur da mano de autoridades e representantes dos proxectos Mar de Caión e Descubre o mar, dúas das propostas que se levaron a Madrid como exemplo de produto turítico creado a partir da oferta mariñeira tradicional. Ambos proxectos, que contan con financiamento dos Grupos de Acción Costeira, presentaron un video promocional no que se destacaron as fermosas paisaxes e os completos servizos que ofrece ao visitante a vila de Caión. Ademais da praia –con bandeira azul- e o paseo marítimo –tamén co recoñecemento de sendeiro azul-, destacouse a oferta gastronómica de calidade que se ofrece nos locais integrados na rede de hostaleiros, a existencia dun porto equipado para o amarre de embarcacións deportivas e de recreo e a posibilidade de practicar diversos deportes náuticos.

O salón de actos galego ofreceu tamén unha presentación organizada polo Grupo de Acción Costeira GAC4 sobre o proxecto de divulgación do patrimonio subacuático de Galicia. O proxecto “GalicianSeas Shipwrecks. Finisterre”, descobre ao visitante o patrimonio subacuático da Costa da Morte – Ría de Muros e Noia co obxectivo de concienciar a veciños e visitantes do incalculable valor material e inmaterial deste tipo de xacimientos submarinos que na zona suman varios centenares. Aí estivo o arqueólogo submarino e director técnico do proxecto Miguel Sanclaudio, quen lembraba que “a Costa da Morte suma máis naufragios que todo o conxunto do litoral español”, de aí a necesidade de estudo, conservación e rentabilización deste legado oculto que está chamado a convertirse en patrimonio incuestionable e nun recurso turístico innovador e pionero, ideal para facer turismo e gozar da historia e a cultura marítima galega, ao alcance de todos os públicos a través das tecnoloxías da información e a comunicación.

O destino Camariñas tamén tivo o seu protagonismo no expositor de Turismo de Galicia. O acto “Camariñas. Descobre o corazón do encaixe” presentou dous piares desta localidade a Mostra do Encaixe, que neste 2015 alcanza os 25 anos, e a nova marca turística ‘Camariñas. O mar todo’. A primeira, unha mostra itinerante formada por imaxes do fotógrafo de moda Máximo Arroio, labores de encaixe de Camariñas, deseños de Franco Quintáns e doutros participantes da Mostra do Encaixe, está a disposición dos madrileños e visitantes no Centro Comercial Xardín de Serrano, en Madrid, ata o 5 de febreiro. A segunda, pola súa banda, agrupa unha serie de produtos turísticos 2,0 que pretenden achegar máis de preto a esencia da vila mariñeira ao visitante.

solporFinalmente, o Camiño de Santiago estivo tamén presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid. Deste xeito, a Asociación de Empresarios Camiño de Fisterra-Muxía Solpor difundiu entre os visitantes do expositor galego unha das iconas da Costa da Morte, o Camiño de Fisterra e Muxía. “A ruta Fisterra-Muxía conta cunha simboloxía especial, xa que é a única que ten a súa orixe en Santiago e recorre o camiño ata a punta occidental da Europa continental”, manifestou a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, quen engadiu que, a través dos case 90 quilómetros de percorrido, Galicia “ten a oportunidade de amosar a súa cultura e natureza a todos aqueles peregrinos procedentes de diferentes lugares do mundo”. “Sen dúbida, é unha ruta captadora de turismo internacional que sitúa a Galicia, e á Costa da Morte en particular, como marca e destino diferencial”, apuntou.

Neste sentido, a delegada fixo fincapé en que publicacións como a presentada hoxe “son fundamentais para promover e difundir o Camiño de Santiago e para recordarnos que a Ruta Xacobea é un fenómeno vivo e eterno”. Esta guía sobre a prolongación xacobea a Fisterra e Muxía inclúe un mapa detallado do itinerario, así como unha ficha a toda páxina con fotografías incluídas de cada unha das setenta empresas asociadas, “información de gran utilidade para os peregrinos que se decidan a realizar esta ruta á ‘fin do mundo’”, comentou Do Campo.

03 de febrero de 2015

A Costa da Morte despregou todo os seu encanto turístico en Madrid

Mar de Caión, Descubre o Mar, Camariñas, o corazón do encaixe, así como o Camiño de Fisterra-Muxía estiveron presentes en distintas presentacións no stand de Galicia […]
03 de febrero de 2015

Arteixo hizo gala de todo su potencial deportivo

Surf, senderimos, pruebas de motor e hípica. Las competiciones deportivas que se celebran en Arteixo han convertido a este munipio en todo un potencial para la […]
03 de febrero de 2015

La Fiesta del Pulpo de Carballiño, también en FITUR

El Concello de O Carballiño estuvo representado por el alcalde y la concejala de Turismo, Argimiro Marnotes y Pilar Caride. Los carballiñeses presentaron la próxima edición […]
03 de febrero de 2015

Y el cartel para la nueva edición del Festival de Ortigueira es…

El alcalde de Ortigueira, Daniel Girón, presentó en Fitur la programación de un festival que este año llega a la edición número 31 y que se […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente